A A

Erasmus-Bilateral con fins de estudos (SMS-Bilateral)

¿Qué é o Programa Erasmus-Bilateral con fins de estudos?
O programa Erasmus+ é unha acción da Unión Europea que ten como obxectivo impulsar a mobilidade e o intercambio de estudantes no ámbito do ensino superior europeo. No caso do Programa Erasmus a mobilidade é entre o noso país e países pertencentes á EU e no caso do Programa Bilateral a mobilidade é entre o noso país e países non pertencentes á UE. Trátase de fomentar as posibilidades de facer unha estadía nunha universidade estranxeira con fins de estudos e favorecer así o coñecemento da cultura e o mundo académico de distintos países.

¿Cando se publica a convocatoria?
A primeira convocatoria para participar no programa Erasmus-Bilateral ábrese, polo xeral, no mes de xaneiro de cada ano por medio dunha resolución reitoral. Normalmente cada ano tamén se publican três convocatorias mais coas prazas non cubertas.

¿Canto tempo pode durar a estadía? As estadías poden durar un cuadrimestre ou o curso completo.

¿Cando solicitar esta mobilidade?
A mobilidade pódese solicitar dende o 1º curso pero o máis habitual é solicitar a praza en 2º ou 3º.

¿Cales son as axudas económicas?
As convocatorias están financiadas con axudas da UDC e da Comisión Europea. A asignación da bolsa é automática no momento de obter a praza Erasmus-Bilateral Existen ademais bolsas complementarias do Ministerio, a Xunta de Galicia e doutras entidades. As cantidades varían nas distintas convocatorias.

¿Onde podo atopar a información?
Toda a información relativa aos requisitos de idiomas, oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible no sitio web da Oficina de Relacións Internacionais.

¿Qué ofrece a nosa Facultade?
Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade e unha Comisión de Relacións Intermacionais.

 

AVISOS IMPORTANTES