O PAT ofrece unha orientación académica, socioprofesional, persoal e administrativa, para apoiar o proceso de aprendizaxe do alumnado durante a súa formación, desde o ingreso na Facultade até que finalicen os estudos. As túas persoas de referencia no PAT serán o/a coordinador/a de curso e o/a profesor/a titor. Cando queras utilizar este servizo de titorización deberás acudir o/a coordinador/a de curso quen recibirá as túas consultas e derivaraas, de ser o caso, cara ao/á profesor/a titor/a, ou ao persoal ou servizo máis apropiado. No cadro que se acompaña indícanse as diferentes accións que se desenvolverán durante o curso 2017/2018 organizadas por cursos e titulacións. Plan de Acción Titorial 17/18
Titores/as
Folleto
FAQS y Guía docente
Accións recollidas no PAT