TFG, TFM, Teses

 

 

Antes de comezar a realizar o teu Traballo de investigación debes informarte e para iso ningún lugar é mellor que a túa biblioteca, xa que nós somos especialistas en xestión da información e podémosche axudar a comezar con bo pe. A información crece a un ritmo vertixinoso e cada vez é maior o número de fontes nas que podes atopara a información que buscas. Navegar por todas elas non é difícil se tes unha boa formación e para iso contas coa nosa axuda. Sigue os nosos consellos e a realización do teu TFG será moito máis doada.

1.    Revisa ben a normativa antes de comezar a traballar, tes toda a información na web da Facultade. Ademáis no noso blogue tes unha páxina especial para TFG na que contas con bibliografía que che pode axudar.

2.   
Reunir a información.

a.   
BUSCAR.

A información que vas precisar vai estar recollida en gran variedade de fontes que denominamos primarias (monografías e artigos de revistas) e para poder localizalas vas ter que recurrir ás fontes secundarias e terciarias, ou o que é o mesmo, ás bases de datos, repositorios e recolectores, buscadores académicos, catálogos… Todos estos recursos deben ser previamente interrogados para obter os datos e para iso é moi importante que realices unha boa estratexia de busca, que comezará cunha pregunta, unha frase, que irás analizando ata quedar cunha serie de palabras ou términos claves que definan o teu tema. Na elaboración da estratexia de busca combina os términos principais utilizando os operadores booleáns (Or, Not, e And) e truncados (*?), utiliza sinónimos, busca términos específicos nos tesauros da túa especialidade (moitas bd contan con tesauros específicos).

Exemplo:

Diagnóstico para a prevención de agresividad no medio escolar no alumnado de educación infantil e primaria no século XXI en España.

Linguas: español, portugués, inglés, francés e italiano.

Conflicto/conflictos/conflictivo

Medio escolar

Diagnóstico / diagnosis

España

Agresividade/agresiva-o

escola

Detección

 

Violencia/violenta-o

Educación primaria

prevención

 

Acoso escolar

Ensino primario

 

 

Problemas de conducta

Educación infantil

 

 

 Dependendo do tipo de información que precises variará a fonte na que debes buscar. Tes unha relación de bases de datos na nosa páxina web cunha somera explicación do que podes atopar en cada unha. Lembra que moitos destes recursos están subscritos pola túa universidade, que non son gratuítos, aínda que poderás acceder en remoto a eles, dende a tua casa utilizando as tuas credenciais universitarias. Existen recursos para buscar monografías, para artigos de revistas, teses, lexislación, normativa, específicos dunha materia e outros multidisciplinares, recursos en español e outros nos que a lingua de consulta é o inglés, os que ofrecen o texto completo do documento e aqueles que só ofrecen unha referencia bibliográfica… O máis seguro é que teñas que utilizar todos eles, pero é importante que o fagas sabendo qué é o que vas a atopar en cada un.

As bases de datos principais ás que acudirás son:

·     Bases de datos do CSIC (ISOC). Base de datos bibliográfica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que recolle artigos de revistas especializadas españolas. Contén as seguintes subbases: Ciencia e Tecnoloxía (ICYT), Biomedicina (IME) e Ciencias Sociais e Humanidades (ISOC).  Lingua de consulta español.

·         Dialnet. Un dos maiores portais bibliográficos de libre acceso, no que colaboran varias bibliotecas co obxetivo de dar maior visibilidade á literatura científica hispana. Recopila e facilita o acceso a contidos científicos, principalmente a través de alertas documentais. Además conta cunha base de datos exhaustiva, interdisciplinar e actualizada, que permite o depósito de contidos a texto completo.

·         Web of knowledge. Plataforma de acceso do ISI (Institute of Scientific Information). Integra os seguintes productos

o    Web of Science (WOS) 

o    Conference Proceedings Citation Index

o    Medline 1950-

o    JCR (Journal Citation Reports)

·         Scopus é unha base de datos que engloba a maior colección multidisciplinar de resumes, referencias e índices de literatura científica e técnica. As principais materias: Agricultura, Bioloxía, Química, Xeología, Economía, Negocios, Enxeñería, Súde, Ciencias da vida, Matemáticas, Física, Psicoloxía e Ciencias Sociais.
Ademáis é unha poderosa ferramenta de avaliación, xunto con Web of Knowledge (WOK), un valioso recurso para docentes e investigadores/as. Permite establecer medicións da producción

·         Eric. Promovida polo U.S. Departament of Education, recolle as citas bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE). Base de datos bibliográfica de educación e ciencias afíns, con covertura dende 1966. A plataforma utilizada para a súa consulta é Proquest que permite a consulta simultánea en todas as bases de datos subscritas con eles utilizando unha única interfaz. Pode seleccionar a linguaxe de consulta. Acceso restrinxido a ordenadores da UDC de libros, actas de congresos, etc. Lingua de consulta inglés.

·         Psycinfo. Publicada pola Asociación de Psicología AMericana. Referencias bibliográficas de todos os aspectos da psicoloxía, ademais dos aspectos da conducta de educación, medicina, socioloxía, dereito, administración e outros campos. Dende 1800. Lingua de consulta inglés. Máis de 2 millóns de rexistros, o 90% revisados, 3000 títulos de revistas.

·         Medline Standard é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine dende 1966 ata o presente. Medline contén citas e resumes da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, políticas sanitaria e servicios de saúde. Recolle artigos publicados en aproximadamente 3.400 revistas especializadas de 70 países. Recolle tamén capítulos e artigos de libros. Contén ademáis o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings).

·         Sport Discus, contén máis de 415 publicacións a texto completo (xa indexadas previamente en SportDiscus). O acceso ás revistas dende 1985. A súa temática versa sobre diversas áreas do deporte, medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo entre outros. Lingua de consulta inglés.

Tamén deberás utilizar buscadores web, polo que o mellor é que utilices os buscadores científicos, como Google scholar ou Science Research. Polo que se refire á procura en webs ou documentos que estean gratuítos na web, é moi importante que saibas avaliar a información, xa que, como ben sabes, non todo vale e se ben podes atopar información moi valiosa tamén é moita a que non ten valor científico nin credibilidade. Has de saber que existe moita información de libre acceso na web, avaliada, procedente de revistas científicas e con documentos de institucións académicas (teses, traballos…) depositados nos repositorios institucionais, é o chamado movento “Open Access”, como é o caso do RUC, repositorio da UDC.

Se ben nos recursos de open Access ou nas procuras nos buscadores científicos, moitos dos documentos estarán a texto completo en formato dixital, non ocorre o mesmo coa mayoría das bases de datos, que só ofrecen unha referencia bibliográfica. Neste caso deberás buscar despois o docuemnto ao que se refiren, ben a través do noso xestor de enlaces SFX, que te levará directamente a el se temos contratado algún recurso que sí o teña, ou ben buscando no noso catálogo e, no seu defecto, utilizando o

servizo de préstamo interbibliotecario.

b.    CREAR ALERTAS INFORMATIVAS

Cuadro de texto: Imaxe de medicinajoven.comO máis seguro é que durante o tempo que preparas o teu traballo a información que existe sobre o tema vaia medrando, que nas bases de datos e nos recursos que utilices para buscala aparezan novos rexistros que se correspondan con novos documentos publicados, todas estas fontes actualízanse con rapidez e se tes que estar consultándoas a cotío podes desesperar. Tranquilidade, estás de sorte, xa que existen unas ferramentas que permitirán que actualices a túa información sen ter que repetir procesos, non terás máis que crear unha alerta informativa. E iso, que é?. Non é máis que a activación automática de novidades informativas dun tema, web, revista, estratexia de busca, cita… que poderás recibir no teu correo electrónico ou a través dunha RSS no teu agregador de rss. Existen moitos lectores gratuítos na web: Bloglines, Google Reader, Rojo, Netvibes. Ademáis o xestor de referencias bibliográficas, Refworks tamén dispón dun lector de RSS.


  c. DA CITA AO TEXTO COMPLETO

O texto completo dos documentos non sempre está dispoñible na base de datos. O máis frecuente é que só obteñamos unha referencia bibliográfica e que teñamos que buscar o TC.

En papel, na nosa biblioteca hai 702 revistas, das que 334 non se reciben actualmente. Algunhas delas tamén con acceso electrónico. Ademáis a biblioteca está subscrita a 83 títulos de revista en formato electrónico. E a través de paquetes de revistas electrónica temos acceso a perto de 19.000 títulos máis, dos que máis de 2.000  son de CC da educación, psicoloxía e materias que se imparten na facultade (filosofía, ciencias do deporte, relixión, literatura…).

Como saber se temos o un artigo nunha revista electrónica?
Utilizando o buscador Pórtico, ao que enlazaremos dende a páxina web da biblioteca (no apartado revistas electrónicas. Se estamos nunha bd poderemos enlazar directamente se vemos o icono SFX.
De non estar aquí a buscaremos no catálogo da Biblioteca por se atemos en papel.
Tamén podemos buscar o artigo no buscador científico Google scholar por se estivera en libre acceso, colgado nalgún repositorio institucional.

Se precisamos un artigo e non a atopamos por ningún destes camiños, acudiremos ao servizo de Préstamo interbibliotecario


d.    XESTIONAR A INFORMACIÓN.

Que facemos con todas as referencias bibliográficas que obteñamos das bases de datos, repositorios, buscadores científicos…?. O mellor é que as gardes todas nun xestor de referencias bibliográfico e a partir de ahí as organices. Existen moitos, algún incluso son gratuítos. Hai os que precisan unha instalación no teu ordenador e os que teñen acceso web. Na UDC estamos subscritos a Refworks, de acceso web, dende calquera lugar, só coas tuas credenciais. Unha vez logueada/o poderás organizar as referencias en carpetas, compartilas con colegas, na rede social, citalas nun texto e engadilas ao final como bibliografía, seleccionando o formato que desexes (APA, Vancouver, MLA…). Outros xestores que podedes utilizar son: subscritos pola BUDC (Endnote -Web of Knoledge), de escritorio (Procite,  Reference Manager), gratuítos (Connotea, Zotero -Mozilla Firefoks).
 

3.    REDACTAR O Traballo.


Cando teñas xa toda a información na que te vas a apoiar reunida poderás comezar a redación do teu Traballo. Selecciona primeiro as referencias que che interesan, busca os documentos e depois de lelos con atención ponte máns á obra.

a.    Organiza o tempo, é importante que fagas unha planificación previa, incluso dende o principio. Existen algún xestores de tempo que te poden axudar, p.e. os diagramas de Gant, ou o programa Pert.

                                  i.    Diagrama de Gantt. Ferramenta que nos permite crear un calendario de tareas ou actividades.

                                ii.    PERT (técnica de revisión e avaliación de programas). Fincapé nas relación entre as tareas.

b.    Deberás ter en conta

                                  i.    Indicacións específicas do profesor/a

                                ii.    As características do tipo de TFG elexido

                               iii.    O que especifica a normativa

                               iv.    Deberá ser entregado cunha copia en formato dixital

                                v.    Extensión: determinada polo tutor/a

                               vi.    Idioma: calquera dos idiomas empregados na impartición do grao

c.    Consulta normativa, protocolos e códigos éticos que poden afectar ao teu traballo.

d.    Confidencialidade e privacidade á hora de citar datos. Consentimientos escritos.

e.    Evitar o plaxio. Existen moitas ferramentas para detectar plaxio e é posible que os profesores que te van avaliar as coñezan e utilicen, así que se tes dúbidas de se “copiaches e pegaches” sen citar a fonte, non estaría demáis que o comprabases. Juan David Quiñónez ofrécenos unha recopilación con 12 detectores na web “wwwhat’s new”.
 

 

f.     Estructura

                                  i.    Portada: título, nome e apelido do autor/a, nome e apelido do titor/a, grao, facultade e universidade. Normas específicas para facela? (RUC)

                                ii.    Índices. Contido, táboas, ilustracións, anexos.

                               iii.    Adicatorias e agradecementos.

                               iv.    Resume (abstract) e palabras clave.

                                v.    Introdución. Unha presentación do proxecto.

                               vi.    Texto do traballo, dividido en capítulos homoxéneos e numerados

                              vii.    Conclusións

                            viii.    Bibliografía. Citar de forma normalizada todos os documentos consultados e utilizados para a realización do TFG. Utilidade os xestors bibliográficos.

                               ix.    Anexos. Documentos complementarios, instrumentos, normativas…

g.    Utilidades:

                                  i.    Procesador de textos

                                ii.    “A nube” Google drive, Dropbox ou Evernote

 

                               iii.    Presentacións atractivas:

1.     de Office: Power point

2.    Ferramentas online: Prezi, Tumblecloud, Qwiki

                               iv.    Imaxes copyleft.

1.    http://www.sxc.hu

2.    Morgue file http://www.morguefile.com/

3.    Open photo http://theopenphotoproject.org/

4.    Tamén Flickr ten a opción de buscar só con licencia CC, hai que fixarse, está na busca avanzada, e Google tamén.

5.    Outros: http://multimedia.uoc.edu/~grf/index.php/Bancos_de_imágenes. Páxina da UOC

h.    Domina os teu nervios. Tes cursos no Cufie que te axudarán a falar en público, consulta a súa web.

4.    PUBLICACIÓN DO TFG

Algúns dos traballos fin de grao vanse publicar no repositiorio institucional da UDC (RUC), para facilitar o acceso e a recuperación do TFG deberás ter en conta os seguintes aspectos:

1.    Darlle ao ficheiro pdf un nome que se corresponda con título do TFG.

2.    No nome dos arquivos non debes utilizar espazos entre as palabras, acentos, maiúsculas e nin caracteres coma o ñ ou semellantes. É importante poñer a data do TFG no nome do ficheiro e empregar o guión baixo para no lugar de espazos entre as palabras do título. Por exemplo un TFG que se titule Educación infantil e TICs o nome do ficheiro podería ser: educacion_e_tics_2013.pdf

3.    Poñer dentro do pdf os datos da portada do TFG (nome do autor, o título do traballo, o ano, etc).

4.     Non poñer elementos de seguridade ao pdf como por exemplo un anticopia ou un contrasinal. Dificulta o tratamento do documeento e ademáis é unha perda de tempo porque hai software que elimina este tipo de elementos.

 

 

Bibliografía

Argudo, S., & Pons, A. (2012). Mejorar las búsquedas de información. Barcelona: Editorial UOC.

Bartolomé, A. R. (., Ferrer i Cervero, V., (, Carmona, M., Soria, V., & Universitat de Barcelona. (2013). El trabajo de fin de grado: Guía para estudiantes, docentes y agentes colaboradores. Aravaca, Madrid: McGraw Hill.

Biblioteca de la Universidad Carlos III de Madrid. (2012). Trabajo de fin de grado. Retrieved 12/05, 2012, from http://www.uc3m.es/portal/page/portal/biblioteca/aprende_usar/TFG

Ferrer, V., & (es),Moisés Carmona y Vanessa Soria. (2013). El trabajo de fin de grado : Guía para estudiantes, docentes y agentes colaboradores. Madrid etc.: McGraw Hill-Interamericana de España.

López Yepes, J. (2010). Cómo se hace una tesis : Trabajos de fin de grado, máster y tesis doctorales. México: Library Outsourcing Service.

Maestre, M. d. M. C., & García, L. L. (2010). Técnicas para hablar en público : Guía para una comunicación eficaz. Oviedo: Protocolo.

Meneses Monroy, A., Pacheco del Cerro, E., Beneit Montesinos, J. V., & e-libro, C. (2011). El trabajo de fin de grado como evaluador de las competencias profesionales del enfermero generalista [. Madrid: Universidad Complutense de Madrid.

Muñoz Alonso López, G. (2012). Estructura, metodología y escritura del trabajo de fin de máster (2{487} ed.). Madrid: Escolar y Mayo.

Quiñonez, J. D. (2012). 12 recursos en línea para detectar plagio en escritos. Retrieved 12/05, 2012, from http://wwwhatsnew.com/2012/01/04/12-recursos-en-linea-para-detectar-plagio-en-escritos/

Sanz, M. P. G., (coords), P. M. C., & Jiménez, F. C. (2012). Guía práctica para la realización de trabajos fin de grado y trabajos fin de máster. Murcia: Universidad de Murcia.

Servicio de Biblioteca de la Universidad de La Laguna. (2012). Cómo elaborar un trabajo. Retrieved 12/05, 2012, from http://www.ull.es/view/institucional/bbtk/Como_elaborar_un_trabajo/es

Universitat Politècnica de Catalunya. Servei de Biblioteques i Documentació. (2012). Cómo presentar un trabajo académico. Retrieved 12/05, 2012, from http://bibliotecnica.upc.edu/es/content/como-presentar-un-trabajo-academico

Warburton, N. (. (2012). Cómo aprender a escribir. Barcelona: Paidós.

Zozaya, L. (2012). Redacción de textos. Retrieved 12/05, 2012, from http://redaccion.hypotheses.org/

 

Campus Elviña, 15071 (A Coruña)
981 167 000    Ext: 4649 ó 4643
Horario: 8:00 - 22:00


UDC
WEBMASTER |   INTRANET   CONTACTO 
Diseño y desarrollo: Artismedia