Obras de Referencia, Monografías, Dvds, Vídeos

OBRAS DE REFERENCIA

As enciclopedias e os diccionarios son obras de referencia ou consulta rápida. Son obras excluidas do préstamo, é dicir, só se poden consultar na Biblioteca. Para saber as que temos na biblioteca, hai que facelo como si se tratara dun libro buscándoas no Catálogo.

Ademáis podes consultar algunha enciclopedia electrónica na web como é a Wikipedia, gratuíta, con contidos de libre distribución e en varios idomas, ou ben a Enciclonet, enciclopedia en español, estructurada por temas, editada por Micronet, na que é preciso rexistrarse. 

 

MONOGRAFÍAS: LIBROS, VÍDEOS, CD-ROMS, DVD...

Como podo buscar un libro?

O primeiro que tes que facer para saber se a Biblioteca ten o libro que precisas é buscar no Catálogo da Biblioteca. Se o que queres e libros sobre un tema determinado podes ademáis buscar directamente na estantería da materia que le corresponde.

 

Como podo buscar un cd-rom, un DVD ou un vídeo?

A procura destes documentos é igual que si se tratase dun libro, hai que consultar o catálogo cos datos que teñas ou ben ir directamente a sala de audiovisuais e buscala. Podes levalos en préstamo xa que teñen a mesma normativa que os outros documentos.

 

Como están ordenados os documentos?

Están ordenados por materias, e dentro de cada materia están por números correlativos. Nas estanterías tes indicado o tema e signatura que lle corresponde. Existen ademais planos da distribución da sala.

 

Quero consultar un cd-rom, un DVD ou un vídeo na Biblioteca. Podo facelo?

Na Biblioteca dispós de lector de vídeo e DVD. Hai unha sala especial “Espazo de cine”  con cabinas individuais nas que podes consultalos. Dispón de auriculares, que terás que pedir no mostrador da Biblioteca. Tamén podes solicitar un lector de DVD portatil para utilizar na sala.

Os cd-roms non se poden consultar nesta sala, tes que consultalos nos ordenadores da Biblioteca ou ben levalos en préstamo.