Bases de datos


 

BASES DE DATOS

A biblioteca está subscrita a unha serie de bases de datos que se poden consultar dende calquera ordenador da mesma, así como dende calquera outro conectado á rede de investigación da UDC. Dende fóra da UDC pódense consultar identificándose na web de servizos.

Podo consultar as bases de datos dende fóra da Universidade?

Se pertences á comunidade da Universidade da Coruña podes acceder aos recursos electrónicos subscritos pola Universidade dende fóra da rede da UDC.  Preme aquí e identifícate coas contrasinais de servizos e poderás acceder a toda a colección electrónica (revistas-e, libros-e, bases de datos).

Cómo podo acceder as bases de datos?

Abaixo tes unha listaxe agrupada por materias das bases de datos subscritas pola Universidade. Para consultar as bases de datos só tes que premer no título. A maioría delas hai que consultalas dende ordenadores da rede UDC ou vía autentificador se o fas dende casa.. Se necesitas consultar bases de datos doutra materia consulta a Páxina da Biblioteca Universitaria , aquí atoparás na Biblioteca Dixital dúas listaxes: alfabética e de materias.

Podo solicitar unha procura nunha base de datos ou sobre un tema?

Podes solicitarnos calquera procura bibliográfica cubrindo un formulario impreso na biblioteca, formulario electrónico, por Chat, chamándonos por teléfono ou enviándonos un correo electrónico.

Non sei utilizar as bases de datos

Na Biblioteca podemos axudarche a facer as buscas.

Tamén impartimos todo tipo de sesións formativas sobre o uso das bases de datos. Podes consultar esta pequena guía para facer unha procura nas bases de datos.(Guía como buscar en BBDD)

Os documentos que atopo nas bases de datos están dispoñibles na Biblioteca?

Non sempre. Se temos subscrita a versión electrónica desa publicación poderás acceder directamente dende a base de datos ao texto completo. Se non temos acceso electrónico terás que consultar o Catálogo e comprobar se temos esa publicación en papel.

Cales son as bases de datos de interés para Cc da educación que temos subscritas?

A continuación tes unha listaxe:

SÓ ORDENADORES DA UNIVERSIDADE ACCESO SÓ DENDE ORDENADORES DA UNIVERSIDADE
Guía de uso GUÍAS DE USO

 

CSIC

Base de datos bibliográfica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas que recolle artigos de revistas especializadas españolas. Contén as seguintes subbases: Ciencia e Tecnoloxía (ICYT), Biomedicina (IME) e Ciencias Sociais e Humanidades (ISOC).  Lingua de consulta español.Só ordenadores da rede UDC Guía de uso

DIALNET

Hemeroteca virtual hispana, multidisciplinar. É un portal colaborativo de acceso libre e gratuíto dend eo que podemos acceder a artigos, actas de congresos, capítulos de libros, teses, etc. Permite crear alertas e exportar a Refworks. Lingua de consulta: español.

 

 
ISI Web of Knowledge (WOK)


Plataforma de acceso do ISI (Institute of Scientific Information). Integra os seguintes productos

  • Web of Science (WOS)
    • Arts & Humanities Citation Index* 1975 -
    • Science Citation Index Expanded* 1945 -
    • Social Sciences Citation Index* 1956 -
    • Conference Proceedings Citation Index- Science (1990-present)
    • Conference Proceedings Citation Index- Social Science & Humanities (1990-present)
  • Medline 1950-
  • JCR (Journal Citation Reports)

 

Titorial

 

(Web of Science)

 

Scopus:

Scopus é unha base de datos que engloba a maior colección multidisciplinar de resumes, referencias e índices de literatura científica e técnica. As principais materias: Agricultura, Bioloxía, Química, Xeología, Economía, Negocios, Enxeñería, Súde, Ciencias da vida, Matemáticas, Física, Psicoloxía e Ciencias Sociais.
Ademáis é unha poderosa ferramenta de avaliación, xunto con Web of Knowledge (WOK), un valioso recurso para docentes e investigadores/as. Permite establecer medicións da producción

Guía de uso

Tutorial

Sociological Abstracts: referencias bibliográficas e resumos de artigos, conferencias, revisións, libros e citas bibliográficas de teses de socioloxía e ciencias afíns. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

 

Unesdoc: base de datos de documentos e publicacións da Unesco.

 
NORMAS E LEXISLACIÓN

 

NORWEB (AENOR): normas UNE vixentes a texto completo. Tamén acceso a referencia das normas anuladas.

Guía de uso.

 

WESTLAW (Aranzadi): lexislación europea, estatal e autonómica; Lexislación consolidada; Convenios colectivos. Xurisprudencia Premium Aranzadi (resolucións máis relevantes dosTribunais e Organismos Administrativos); a totalidade das sentenzas dos Tribunais Superiores de Xustiza e Audiencias Provinciais. Bibliografía. Só ordenadores da rede UDC
Guías de uso
 

  • ESPECÍFICAS (Divididas por materias seguindo orde alfabética)

BIOLOXÍA E ECOLOXÍA:

 

 Greenfile. Base de datos sobre ecoloxía na que se reflicte o impacto do home na natureza, esta base de datos ademais contén materiais a texto completo. É unha colección de documentos académicos, gobernamentais e de interese xeral que inclúen títulos a texto completo sobre os efectos dos individuos no medio, as corporación se gobernos locais ou nacionais, e que podemos facer en cada nivel para minimizar os impactos negativos. Os temas cubertos inclúen os perigos da globalización, a construción ecolóxica, polución, agricultura sustentable, enerxías renovables, reciclaxe e máis. Greenfile é multidisciplinar e basease nas conexións entre o medio ambiente e unha variedade de disciplinas como a agricultura, a educación, o dereito, a saúde e a tecnoloxía. Só ordenadores da rede UDC

Guías de busca de EBSCO e os titoriais (en español)

 

DEPORTES

Sportdiscus with Full Text: contén máis de 415 publicacións a texto completo (xa indexadas previamente en SportDiscus). O acceso ás revistas dende 1985. A súa temática versa sobre diversas áreas do deporte, medicina deportiva, leis e lexislación deportiva, traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde, psicoloxía do deporte, recreación ou turismo entre outros. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

 

EDUCACIÓN

 

ERIC: Promovida polo U.S. Departament of Education, recolle as citas bibliográficas de artigos que son indizados e resumidos por Resources in Education (RIE) e Current Index to Journals in Education (CIJE). Base de datos bibliográfica de educación e ciencias afíns, con covertura dende 1966. A plataforma utilizada para a súa consulta é Proquest que permite a consulta simultánea en todas as bases de datos subscritas con eles utilizando unha única interfaz. Pode seleccionar a linguaxe de consulta. Acceso restrinxido a ordenadores da UDC de libros, actas de congresos, etc. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guías de busca de EBSCO e os titoriais (en español)

 

Redined: Rede de Bases de Datos de Información Educativa: investigacións, innovacións, recursos e revistas ibero-americanas sobre educación, con enlaces ao documento en texto completo se está disponible. Indiza teses doctorais, investigacións, memorias de innovación, literatura gris e publicacions periódicas.
Son membros titulares de REDINED, o Ministerio de Educación y Ciencia así como as Comunidades Autónomas que se sumaron ao proxecto. É de libre acceso.

 

Leda: Base de datos de disposicións e normativas de carácter xeral. Disposicións en materia educativa correspondente ao Estado e as Comunidades Autónomas, dende 1980. Elaborada polo MEC. Inclúe documento a texto completo. Consultable en castelán. Libre acceso. Última actualización maio 2011.

 

EURYBASE: Base de datos da rede de educación que recolle información acerca dos sistemas educativos dos paises da UE. A información está en inglés e na lingua propia de cada país. Forma parte do portal EURIDYCE.
Língua de consulta: Inglés. Libre acceso

 

Educ@ment: referencias bibliográficas de publicacións periódicas sobre educación e psicoloxía. Realizado pola Universitat Rovira i Virgili. En catalán.

 

Education-Line (British Educaction Index): Base de datos a texto completo da University of Leeds sobre investigación educativa. Pódense buscar por índice, tesauro, texto libre, autor, título e materia. Acceso ao documento a texto completo en formato html ou word. Acceso a actas de congresos, documentos de traballo e outros documentos electrónicos. Consulta en inglés e libre acceso. .

 

REDUC: Rede Latinoamericana de Información y Documentación en Educación. Resumos analíticos de informes de  investigación, experiencias educativas innovadoras, informes de organismos técnicos nacionais e internacionais e memorias de  encontros científicos no campo da educación dos países de América Latina e o Caribe. Pódense realizar buscas por categorías ou busca libre.

 

Teacher Reference Center: índices e resumos de máis de 280 revistas do campo da docencia. Proporciona cobertura en temas como Avaliación, Educación Continua, Investigación, Desenvolvemento do Curriculum ou Métodos para a Ensinanza. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guías de busca de EBSCO e os titoriais (en español)

 

FILOLOXÍA

LLBA: Linguistics & Language Behavior Abstracts (LLBA) resume e indexa a literatura internacional en lingüística e disciplinas relacionadas coa lingua dende 1973 ata a actualidade. Realizada en lingua francesa, sen embargo permite realizar buscas en múltiples linguas. Inclúe todos os aspectos do estudo da lingua, coma fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe e semántica; e campos da lingüística, entre os que se atopan a lingüística descritiva, histórica, comparativa, teórica e xeográfica. Ademais proporciona información de libros, capítulos de libros, teses, críticas de películas, artigos de revista e revisións de software, e citas de críticas de libros sacados dunhas 1.500 publicacións periódicas. Só ordenadores da rede UDC

Actualízase de xeito mensual, e engádense anualmente uns 14.000 rexistros; na actualidade conta con aproximadamente 360.000 rexistros.

Guía de uso

LiON: Portal de búsqueda de una colección de más de 350.000 obras a texto completo de literatura en lengua inglesa desde el siglo XVIII a nuestros días. Contiene además 147 revistas electrónicas y otras fuentes de información como la base de datos MLA International Bibliography ("Modern Language Association of America" ), Annual Bibliography of English Language and Literature, 1920- (ABELL) y obras de referencia como: Concise Oxford Dictionary, Webster's Dictionary  y Shakespeare Glossary. Só ordenadores da rede UDC

Bibliografía de la Literatura Española desde 1980

A máis completa e única bibliografía sobre a Literatura Española actual. Referencias bibliográficas de obras, edicións, traducciónes de orixinais e estudos sobre os mesmos, aparecidos a partir de 1980 en libros ou en publicacións periódicas, homenaxes, actas de congresos, misceláneas, etc.; editadas en España ou no extranxeiro. Da noticoa de canto se publica sobre Literatura Española e os seus autores dende a Idade Media á actualidade. Comprende aos escritores españoles, hispanoamericanos e filipinos anteriores á independencia dos seus respectivos países.

 

FILOSOFÍA

Aestetics online. Base de datos da ASA (American Society for Aesthetics), sobre estética, filosofía, teoría e crítica da biblioteca da Fundación Gustavo Bueno, e todos os documentos descritos están nesa biblioteca.

 

FÍSICA

Compendex: referencias bibliográficas e resumos de artigos, informes técnicos, relatorios de congresos. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

INSPEC: referencias bibliográficas e resumos de artigos, actas de congresos e monografías. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

ISI Essential Science Indicators: índices de citas de científicos, institucións, países, revistas, etc. que permiten facer un seguimento das últimas tendencias do campo das ciencias. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

MATEMÁTICAS

 

MATHSCINET: referencias bibliográficas e resumos de publicacións especializadas en todas as áreas das matemáticas puras e aplicadas. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

 MEDICINA

MEDLINE Só ordenadores da rede UDC

 Medline Standard é a base de datos completa da U.S. National Library of Medicine dende 1966 ata o presente. Medline contén citas e resumes da literatura biomédica mundial, incluíndo investigación, práctica clínica, administración, políticas sanitaria e servicios de saúde. Recolle artigos publicados en aproximadamente 3.400 revistas especializadas de 70 países. Recolle tamén capítulos e artigos de libros. Contén ademáis o Thesaurus MeSH (Medical Subject Headings). Só ordenadores da rede UDC

 Biblioteca Cochrane Plus: Tradución da Cochrane Library, contén información en castelán da área da Medicina baseada na evidencia, que se actualiza catro veces ao ano, en febreiro, maio, agosto e novembro. Guía de uso no portal de Atención Primaria Fisterra.com

 Cinahl: Base de datos da área de enfermería e outras especialidades médicas tales como a biomedicina, medicina alternativa ou complementaria, etc. Recolle unhas 2.737 publicacións e contén máis de un millón de rexistros que abarcan dende 1982 ata a actualidade. Contén acceso a libros sobre asistencia médica, teses sobre enfermería, actas de conferencias seleccionadas, normas de prácticas, software educativo, audiovisuais e capítulos de libros. O material textual inclúe mais de 70 revistas de casos legais, innovacións clínicas, camiños críticos, rexistros de drogas, instrumentos de investigación e ensaios clínicos.

Ofrece publicacións da National League for Nursing e da American Nurses Association, entre os que destacan algúns títulos como: AANA Journal, California Hospitals, Gastroenterology Nursing, Maternal and Child Health Journal, Paediatric Nursing, Parents, etc.

 

PSICOLOXÍA

Psycinfo: Publicada pola Asociación de Psicología AMericana. Referencias bibliográficas de todos os aspectos da psicoloxía, ademais dos aspectos da conducta de educación, medicina, socioloxía, dereito, administración e outros campos. Dende 1800. Lingua de consulta inglés. Máis de 2 millóns de rexistros, o 90% revisados, 3000 títulos de revistas. Só ordenadores da rede UDC

Guía de uso

 

PsycCRITIQUES: publicación seriada electrónica producida pola American Psychological Association (APA) de reseñas de libros. Destacan as revisións a texto completo de manuais e libros profesionais de psicoloxía. Tamén comprende revisións desde unha perspectiva psicolóxica de películas e libros comerciais. A base de datos comprende case 40,000 revisións. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

 

Psyke: referencias bibliográficas de artigos publicados en revistas de psicoloxía en español. Realizada pola Facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid.

 

PILOTS Database: referencias e resumos de publicacións sobre o desorde de estrés postraumático (PTSD) e outras secuelas psíquicas. Lingua de consulta inglés.

Guía de uso

 

Social Services Abstracts: Cobertura bibliográfica de investigacións actuais relacionadas co traballo social, servizos humanos e áreas similares. Referencias bibliográficas e resumos de artigos, conferencias, revisións, libros e citas bibliográficas de teses. Indiza máis de 1300 publicacións. Lingua de consulta inglés. Só ordenadores da rede UDC

 
National Criminal Justice Reference Service Abstracts (U.S. Departmment of Justice).R referencias bibliográficas de artigos, libros, traballos de investigación, etc. de nivel internacional e tamén informes de goberno local, federal e estatal de USA.
 
TESES

  • Para localizar teses internacionais: PROQUEST DISSERTATIONS & THESES. Recolle teses principalmente de ámbito anglosaxón, con referencias bibliográficas e  resumos. Permite a consulta das 24 primeiras páxinas de cada tese, ademais dun resumo do contido

  • Base de datos TESEO: recolle información das teses doctorais das Universidades españolas dende 1976. Se non temos na Universidade algunha tese que necesites consultar podes solicitala utilizando o Servizo de Préstamo Interbibliotecario.

  • Existen ademaiis outros repositorios de teses de universidades españolas, que recollen as teses en formato electrónico, entre os que destacan:

    • Repositorio Institucional UDCque recolle as últimas teses da Universidade a texto completo.
    • TDR: Tesis Doctorales en Red: que recolle, en formato dixital, as teses lidas nas universidades de Cataluña, pero tamén recolle teses doutras universidades españolas.
    • Dialnet: Base de datos de teses doctorais de universidades españolas, na que participa a UDC.
    • E-Prints Complutense: arquivo institucional da Universidade Complutense que recolle 3600 teses a texto completo en acceso aberto.
    • ULPGC: Universidad de las Palmas de Gran Canaria. Recolle ademais de teses, proxectos fin de carreira e memorias desta universidade.
  • Cybertesis: Portal de tesis electrónicas da Universidad de Chile. Permite a busca e recupeación do texto completo demáis de 27.000 teses de diferentes universidades do mundo.

  • DART-Europe E-theses Portal: DART-Europe é unha  asociación de bibliotecas de investigación e de consorcios bibliotecarios (entre elas  LIBERNetworked Digital Library of Theses and Dissertations) que traballan na mellora do acceso ás teses doctorais europeas
    REDIAL: referencias bibliográficas de teses de temática latinoamericana lidas en universidades europeas dende 1980. Actualízase unha vez ó ano

 
 
Campus Elviña, 15071 (A Coruña)
981 167 000    Ext: 4649 ó 4643
Horario: 8:00 - 22:00


UDC
WEBMASTER |   INTRANET   CONTACTO 
Diseño y desarrollo: Artismedia