Tests

 

TESTS

 

  • Un test é un instrumento experimental que ten por obxectivo avaliar unha característica psicolóxica específica.
  • A biblioteca dispón dunha  Docimoteca con tests de Psicoloxía e Pedagoxía. A súa signatura é TX-.
  • Pódense atopar os tests buscando no Catálogo por autor, título ou signatura. Para consultalos é preciso solicitalos no mostrador de préstamo.
  • Polas súas características, e por motivos deontolóxicos, os tests teñen unha Normativa de préstamo propia.
  • Tanto no momento do préstamo como da devolución, o persoal da biblioteca comprobará que o test conta con todos os seus elementos.
  • Existen unhas directrices internacionais básicas para o uso dos tests, elaboradas orixinalmente pola Comisión Internacional de Test (ITC), que se poden consultar na páxina web do Consejo General de la Psicología de España.