P.A.S.

1. INFORMACIÓN PRÁCTICA: transporte e comidas...

Cómo moverte na UDC: transporte urbán, tréns de cercanías...

Residencias e Comedores

 

2. INFORMACIÓN INSTITUCIONAL: normativa, impresos, estudos, bolsas, cursos...

Onde podo atopar información sobre a lexislación e normativa do meu traballo?

Consulta na web da UDC o apartado persoal de administración e servizos, ahí tes:

  •  Normativa vixente para o persoal que traballa nas universidades (deberes e deritos, permisos, vacacións, licencias...
  • A RPT
  • Convocatorias de concursos, listaxes de agarda, mobilidade entre as universidades galegas, promocións
  • Intercambio de vacacións
  • Convenios económicos con outras entidades
  • Seguridade Social
  • Formación

Podo obter impresos electrónicos para solicitar permisos, unha praza vacante ou recoñecemento de servizos prestados?.

Consilta a páxina Servizo de persoal de PAS, nela podes descargar os impresos electrónicos.
 

Como fago para consultar o meu expediente, nóminas, días de asuntos propios...?


Entra na web de servizos e ahí, previa identificación, poderás consultar os teus datos, expediente, facer modificacións, baixar as nóminas, certificacións de IRPF...

Gustaríame estudar na UDC, ¿onde podo atopar información sobre titulacións, cursos de postgrado, doutorado, cursos de idiomas...?

Na web da UDC, en Estudos tes toda a información sobre os estudos que se imparten nesta universidade. Ademáis terás facilidades no teu traballo para asistir a exames e ás veces a algún curso, consulta a normativa vixente para funcionarios e persoal laboral.

Quero facer os cursos de galego, cando se convocan?.

Cada ano fanse varios cursos de galego, en actualidade da UDC sae a convocatoria, pero tamén podes ver os qeu hai na web do Servizo de Normalización Lingüística. Os cursos de galego pódense facer durante o horario laboral.

Ademáis das titulacións oficias, que cursos oferta a Universidade para o PAS?

A UDC oferta curos de informática, deportes, cine, teatro, danza... Os cursos de informática ofértanse semestralmente e podes ver infoemación máis detallada na web da Aula de formación informática. Os cursos de deportes, teatro, danza... ofértanse cada ano e na web do Servizo de Extensión Universitaria tes máis información. Hai obradoiros de ioga, música, risoterapia... Nesta web podes ver moitras outras actividades culturais e deportivas da UDC, así como `puntarte a viaxes e roteiros.

Como podo aprender unha lingua extranxeira na universidade?

A UDC oferta cursos para toda a comunidade universitaria de inglés, francés, alemán, portugués... pode ver a oferta e datas na web do Centro de linguas.

Gustaríame pasar un tempo nalgún país extranxeiro para aprender a súa lingua e coñecer a súa cultura. Podo disfrutar dalgún tipo de bolsa?

Tes varias opcións, xa que a UDC participa nalgúns programas de intercambio para PAS:

  • Programa STELLA, do Grupo Compostela. Cada ano o Grupo Compostela oferta unha serie de prazas en países europeos e algún latinoamericano, co obxeto de que o PAS poda ir traballar unha ou dúas semanas e intercambiar coñecementos co persoal deses países. A convocatoria sae cada ano, no mes de xaneiro. Tes máis información na ORI e no Grupo Compostela.
  • Programa Erasmus. Para países europeos. A convocatoria sae tamén en xaneiro. Tes información na ORI.

Non estou cómodo/a no traballo, teño dores de spalda, paso moito frío ou calor, non teño a luz adecuada para traballar... Que podo facer?

Debes de poñerte en caontacto co Servizo de Prevención de Riscos Laborais, eles/as farán un estudo e un informe sobre as medidas e cambios a realizar no teu posto de traballo para que non teñas problemas. Neste servizo tamén podes informarte de:

  • Normativa vixente no campo de seguridade e saúde laborais.
  • Campañas de vixiancia da saúde
  • Que facer en caso de emerxencia
  • Formacións preventivas

Onde podo atopar normativa doutras universidades?

No portal Universia tes varias bases de datos con información sobre normativa nas distintas universidades, así coma enlaces ás webs das xerencias e servizos de PAS destas.

Onde podo informarme sobre a miña promoción laboral, os concursos ou oposicións na UDC?

Se es persoal funcionario, podes informarte de todo esto e moito máis na Xunta de persoal de PAS da UDC. Nela ademais tes enlaces aos sindicatos que representa aos traballadores/As na UDC. Poden asesorarte, e son os teus representantes para calquera problema que podas ter coa administración, eles che informarán do que tes que facer.
Se es laborial na web do Comité de Empresa.
Tamén podes dirixirte aos representantes sindicais:
CC.OO.
CIG
UGT
CSIF
CUTE
 

Onde atopar información sobre mobilidade e permutas a outras universidades?

Ademáis da información que che pode dar a Xunta de persoal de PAS, podes entrar no portal universia, ahí hai anuncios de xente que está interesada en permutar e podes insertar o teu anuncio.

Gustaríame facer unha web do meu servizo, con información para os usuarios.

Se queres facer unha páxina web a UDC oferta aloxamento e apoio informático a todo/a aquel/a que desexe facer unha web de contido estricatmente relacionado coa actividade universitaria. podes informarte no SEINFE (Servizos de información estadística).

Tes ademáis outras opcións, as que facilita a denominada web 2.0 ou web social: crear un blog ou wiki, por exemplo. Máis abaixo tes información.

 

3. INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA

 

SERVIZO DE PRÉSTAMO E CONSULTA EN SALA

 Como podo atopar información sobre un tema determinado?

  • O primeiro que debes facer é buscar no catálogo e así ver qué documentos hai na túa biblioteca que che poden ser útis.
  • Se non é suficiente podes buscar máis información nalgunha base de datos. A UDC está subscrita a moitas bases de datos que abranguen case todas as disciplinas do coñecemento: educación, ciencias, historia, arte, física, medicina, enfermería, lexislación, enxeñería, literatura... podes ver unha listaxe completa na web da Biblioteca da UDC, no apartado bases de datos.  Lembra que no todos os documentos que atopes referenciados nesas bases de datos estarán na túa biblioteca.
    Poden serche moi útis as Bases de datos de lexislación nas que podes buscar leis, reais decretos, xurisdicción, etc. do estado, autonómica, europea ou internacional.
  • Tamén podes lanzar a procura nalgún buscador.
  • Ademáis podes consultar algunha enciclopedia electrónica na web, como a Enciclopedia británica, a Enciclopedia Libre Universal en Español. Tamén temos enciclopedias impresas na biblioteca e outras en cdrom e dvd, consulta o noso catálogo.Tamén podes entrar no noso metabuscador de recursos electrónicos, PORTICO, e buscar algún recurso desa materia.
     
Temos libros electrónicos?
A Biblioteca está subscrita a unha serie de recursos electrónicos nos que se inclúen paquetes con libro electrónico. POdes buscalos en Pórtico. Además temos en préstamo 10 lectores de libro electrónico (ereaders) cunha tarxeta con perto de 1000 obras libres de dereitos de autor, na maioría clásicos. Podes solicitalos na Biblioteca.

Podo utilizar dispositivos móbiles na biblioteca?
Por suposto, aínda que non se podo utilizar con voz.

A BIBLIOTECA OFRECECHE ADEMÁIS MOITOS OUTROS SERVIZOS.

Que é a web 2.0 e que ferramentas podo utilizar para a realización dos meus traballos e a comunicación cos meus compañeiros?

A web 2.0 ou tamén chamada web social está basada en comunidades de usuarios/as e nunha serie de servizos que favorecen a colaboración e intercambio entre usuarios e grupos de usuarios/as. Entre os servizos que ofrece están os blogs, wikis e as folcsonomías. Así, dende o nacemento da web 2.0 ou web social, a web deixou de ser algo estático e delimitado, e converteuse nunha rede participativa. Agora quen o desexe pode participar, os recursos se poden compartir, calquera pode crear o seu espazo gratuíto e publicar contidos. A web social proporciona ferramentas útis : blogs, wikis, myspace, alertas rss, creacción de presentacións…

 

Como crear un weblog?

Se queremos crear un blog podemos optar por ferramentas gratuítas ou que requiren unha instalación e pago de aloxamento nun servidor. Entre as que non requiren instalación e son mási doadas de utilizar están: Blogger, Blogaliza ou WordPress en versión gratuita. Entre os que requiren instalación e un poco de experiencia en deseño web: Wordpress

Tutorial de Blogger
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: web blogger)
 

 

Que é un wiki?

Os wikis son sitios webs nos que podes editar contados e ademáis podes dar acceso a quen queras para que tamén participe engadindo novos contados ou revisándos. O seu creador foi Ward Cunningham xa no 1995. É unha das mellores ferramentas de colaboración e difusión para grupos. Un exemplo é a wikipedia, ou o seus competidores: Scolarpedia, enciclopedias libre na que todos poden editar e definir un témino. O principal problema dun wiki é a súa credibilidade cando se permite participar a calquera, algo que se pode solucionar cunha boa moderación de comentarios e contados e una revisión continuada.

 

Como podo crear un wiki?

 

Existen servidore sgratuítos que proporcionan aloxamento e axuda para a creación dun wiki: Wikia, gratis pero con anuncios de google a la derecha, WikiSpaces ou Zohowiki. Calquera deles moi asistidos. Tamén podes optar por instalar o software no teu propio servidor, o cal ofrece máis opcións e tamén require un pouco máis de coñecementos informáticos e matemento. Unha selección está na wiki de Cunningham WikiWiki reference list que amosa diversos motores.
Tamén a UDC da a posibilidade de realizar un wiki con Docuwiki.

Presentación sobre las diferencias entre un blog y un wiki:
Blogs y Wikis
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: educación 2.0)

 

 

Se o que queres é introducir material sonoro e audiovisual para que o podan baixar os teus alumnos o que tes que crear entonces é un Podcast. No blog Podcastellano.es  tes toda a información necesaria sobre cómmo crear un, lectores…

 

Campus Elviña, 15071 (A Coruña)
981 167 000    Ext: 4649 ó 4643
Horario: 8:00 - 22:00


UDC
WEBMASTER |   INTRANET   CONTACTO 
Diseño y desarrollo: Artismedia