Préstamo interbibliotecario

O préstamo interbibliotecario é un servizo que ofrecen as bibliotecas para obter documentos (orixinais ou copias) que non están nas súas coleccións. Este servizo non se utiliza para obras que estean en venda, para as que o camiño a seguir é solicitar a súa compra na biblioteca.

Para acceder ao servizo de préstamo interbibliotecario é preciso autenticarse co nome de usuario e contrasinal proporcionados pola sección de Acceso ao documento.

Consulte aquí as Condicións de uso e características deste servizo.

LEMBRE:

  • Antes de solicitar un documento en préstamo interbibliotecario hai que comprobar no Catálogo que non existe na colección.

  • Se se trata dun artigo de revista, a biblioteca está subscrita a varios paquetes de revistas electrónicas; no metabuscador Pórtico pódese comprobar se hai acceso electrónico ao artigo en cuestión.