Revistas

 

REVISTAS EN PAPEL

 

  • As publicacións periódicas son obras colectivas (elaboradas por varios autores) cun título común que se editan de xeito regular en fascículos numerados correlativamente. Os seus artigos ofrecen información especializada e actualizada sobre diversos temas. Son exemplos deste tipo de publicacións:
    • Revistas, científicas e divulgativas
    • Diarios
    • Semanarios
    • Boletíns
  • A biblioteca dispón dunha ampla selección de revistas en papel situadas na hemeroteca, que se atopa no primeiro andar. A súa consulta é libre. As revistas pechadas, que xa non se reciben, encóntranse no depósito; para consultalas é preciso solicitalas no mostrador de préstamo.
  • Para localizar unha revista hai que buscar no Catálogo, na opción Título revista. Tamén se poden consultar na listaxe de Revistas subscritas pola facultade (existe unha copia en papel na hemeroteca).
  • As revistas non se poden levar en préstamo. Para facer unha copia dos artigos a biblioteca conta cun escáner de uso gratuíto na hemeroteca e dunha fotocopiadora na sala Xohana Torres (precisa unha tarxeta de Reprografía).
  • Pódese solicitar copia de artigos de revistas doutras facultades dende o mostrador de préstamo. Para as revistas que non posúe a universidade é necesario empregar o servizo de Préstamo Interbibliotecario.
 

REVISTAS ELECTRÓNICAS

 

  • Moitas das revistas en papel teñen acceso electrónico ao texto completo dos seus artigos. No catálogo é necesario premer no enlace Texto completo do rexistro da revista ou ben na icona Texto, accesos, na parte dereita da páxina do rexistro.
  • Tamén se pode enlazar ao texto completo das revistas da nosa hemeroteca dende a listaxe de Revistas subscritas pola facultade.
  • Por outra banda, a UDC está subscrita a paquetes de revistas electrónicas de temática moi variada, e moitas delas non están incluídas no catálogo. Para consultalas emprégase o metabuscador Pórtico, que permite localizar as revistas por materia, por título. facer unha busca avanzada combinando varios elementos ou atopar artigos concretos. Tamén permite buscar libros electrónicos e consultar as bases de datos subscritas pola UDC.
  • Outra opción para acceder a estas revistas é dende as páxinas web dos Editores.
  • Na seguinte Infoguía pódense atopar as diferentes formas de acceso ás revistas electrónicas.
  • Existe ademais a posibilidade de localizar revistas electrónicas de libre acceso, publicadas ao abeiro do movemento Open Access (OA), por medio de portais específicos, como DOAJ, Open Science Directory ou Latindex. Consulta o apartado Acceso aberto para máis información.