who we are | contacta | inicio
Ultimas noticias

27.05.2017
................

Jornadas sobre Escuela y Diversidad


22.10.2016
................

Seminario sobre Políticas de inclusión y Formación de los profesionales. La participación del alumnado


22.06.2016
................

Curso de verano



+ noticias

 

Acceso Usuarios

 
 
 

XIII Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía

INVITACIÓN A PARTICIPAR

Queridos amigos e colegas
É un pracer anunciar á celebración da XIII edición do Congreso Internacional Galego-portugués de Psicopedagoxía que terá lugar na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña en setembro de 20015.
Como dende hai perto de vinte anos, organízase en colaboración coa Universidade de Minho (Portugal), e constitúese nun ágora de converxencia académica que moviliza a profesionais, estudantes e profesores dos diversos ámbitos do Ensino, para abordar problemáticas relacionadas coa Psicoloxía, a Psicopedagoxía e, en xeral, as Ciencias da Educación.
Dende os seus inicios, alá polo ano 1995, este Congreso destacou por varios aspectos que lle son propios, que o definen como específico no ámbito da Psicopedagoxía:

a) É un Congreso aberto a todos os profesionais dos diferentes ámbitos e niveis do ensino e aprendizaxe en contextos educativos;
b) É aberto a todo tipo de alumnos e alumnas das Universidades do Miño e da Coruña, asi como de outras universidades e ámbitos educacionais do Estado español e de Portugal
c) Pero, tamén, queremos destacar a súa mutidisciplinariedade e, quizáis por esto, cada vez máis incorpóranse a este Congreso xentes de outras nacionalidades, sobre todo de América e Africa.
d) Tratamos e estudamos sempre unhas temáticas que están en estreita relación cos procesos de ensinanza e aprendizaxe en diferentes contextos educacionais.
e) Constitúe un lugar axeitado de diálogo, debate, análise e toma de decisións sobre todos aqueles aspectos que afectan aos profesores e alumnos das nosas institucións educativas.
O recoñecemento e respecto á multidisciplinariedade e á multidimensionalidade dos processos da educación como a multiplicidade dos contextos en que ocorren, son dous rasgos que definen a este XIII Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía e así destácanse nas súas quince áreas temáticas que inclúen Conferencias plenarias, Ponencias de debate, Simposios, Comunicacións, Pósters e Seminarios de Investigación.

Como xa ven sendo tradicional, a Comisión Organizadora editará, ademáis do Libro do Programa pormenorizado do Congreso, o volume de Actas en formato dixital cos textos completos das Comunicaçións orais, Simposios e Pósters. A súa distribuición ocorre no momento do Congreso, permitindo aos participantes seguir máis de perto as comunicacións a presentar, analizar máis profundamente todos os traballos e, ainda, reforzar a interacción entre os congresistas promovendo así a formación de colaboracións e novas equipas de proxectos que, sen dúbida, terán as súas concrecións nun futuro próximo.

A información provisional relativa ao congreso pódese consultar en:
http://congresopsicopedagoxia.udc.es/

Calendario 





Alfonso Barca Lozano
Bento Duarte da Silva




Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
Email: manuel.peralbo@udc.es
Telf: +34 981 167000 (1853)
Diseñado por Artismedia