who we are | contacta | inicio
Ultimas noticias

27.05.2017
................

Jornadas sobre Escuela y Diversidad


22.10.2016
................

Seminario sobre Políticas de inclusión y Formación de los profesionales. La participación del alumnado


22.06.2016
................

Curso de verano



+ noticias

 




Noticias

08.07.2013
.................................
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN PARA INVESTIGADORES EMERXENTES

 Enlace a la convocatoria


DESTINATARIOS:



Os investigadores que cumpran as seguintes condicións:



· Ter actualmente vinculación cunha universidade do SUG mediante as modalidades de Profesor Contratado Doutor, Profesor Axudante Doutor, Contratado Parga Pondal, Contratado Ramón y Cajal ou Contratado Marie Curie (neste último caso sempre que teña adscripción a unha universidade do SUG durante toda a vixencia do proxecto).



· Non ter feitos os 41 anos a 31 de decembro de 2013.



· Acreditar experiencia investigadora postdoutoral superior a 24 meses en centros de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.



Si o investigador ten vinculación temporal co SUG, so poderá solicitar proxectos con duración igual ou inferior ao tempo que lle reste de contrato.



Non se admitirán proxectos cunha duración inferior a 12 meses.



O investigador destinatario da axuda, que será o responsable do proxecto, contará para o seu desenvolvemento cun equipo de investigación formado por un mínimo de dúas persoas (sen contar ao investigador destinatario). Este equipo deberá cumprir as seguintes condicións:



· As tres persoas que forman o equipo mínimo deben prestar servizos no Sistema Universitario de Galicia durante a vixencia do proxecto. Non se esixe este requisito para os demais membros do equipo.



· Só un de todos os membros do equipo poderá ter categoría de profesor titular de universidade ou de escola universitaria. Ningún membro do equipo poderá ter categoría de catedrático.







CONTÍA E DURACIÓN:



A contía máxima da axuda concedida por proxecto será de 100.000 €. O proxecto terá unha duración máxima de 3 anos (4 anualidades), a contar desde o momento da solicitude.






Facultade de Ciencias da Educación
Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña
Email: manuel.peralbo@udc.es
Telf: +34 981 167000 (1853)
Diseñado por Artismedia