A A

Green Campus na Facultade de Ciencias da Educación

 



O programa Green Campus na UDC

A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), como membro de Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus. A FEE agrupa como membros a ONG de 65 países, e desde a súa fundación en 1982 desenvolve programas internacionais como Bandeira Azul (Blue Flag) ou as Ecoescuelas (Eco-schools). En Europa máis de 40 universidades participan desde 2007 no programa.

A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus. Os obxectivos para alcanzar viran ao redor de dez áreas de actuación: 1) optimización do consumo de auga e enerxía, 2) redución da xeración de residuos e recollida separada, 3) atención preferente aos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), 4) contaminación atmosférica, acústica e lumínica, 5) mobilidade sustentable, 6) alimentación saudable, 7) biodiversidade, 8) compra verde, comercio xusto e consumo responsable, 9) participación, sensibilización e voluntariado ambiental, e 10) ambientalización curricular da docencia e da investigación.

 

ACTA CONSTITUCIÓN COMITÉ

MEMBROS COMITÉ

PROPOSTA DE COLABORACIÓN

PLAN DE ACCIÓN

 
DECLARACION AMBIENTAL DE LA FACULTAD 


EVIDENCIAS GREEN CAMPUS

 

 

GALERIA GREEN CAMPUS

 

Actividade sobre residuos na Facultade

 

 

 

 

 

 

 

 

Bandera