Facultade de Ciencias da Educación
Universidade da Coru˝a
 
Accesos Directos
Erasmus-Bilateral con fins de estudos (SMS-Bilateral)


¿Qué é o Programa Erasmus-Bilateral con fins de estudos?
O programa Erasmus é unha acción da Unión Europea que ten como obxectivo impulsar a mobilidade e o intercambio de estudantes no ámbito do ensino superior europeo. No caso do Programa Erasmus a mobilidade é entre o noso país e países pertencentes á EU e no caso do Programa Bilateral a mobilidade é entre o noso país e países non pertencentes á UE. Trátase de fomentar as posibilidades de facer unha estadía nunha universidade estranxeira con fins de estudos e favorecer así o coñecemento da cultura e o mundo académico de distintos países.

¿Cando se publica a convocatoria? A primeira convocatoria para participar no programa Erasmus-Bilateral ábrese, polo xeral, entre os meses de xaneiro e febreiro de cada ano por medio dunha resolución reitoral. Normalmente cada ano tamén se publica unha segunda convocatoria e unha convocatoria aberta coas prazas non cubertas.

¿Canto tempo pode durar a estadía? As estadías poden durar un cuadrimestre ou o curso completo.

¿Cando solicitar esta mobilidade? A mobilidade pódese solicitar dende o 1º curso pero o máis habitual é solicitar a praza en 2º ou 3º, cursos nos que xa se pode acceder á media do expediente académico do estudante.

¿Cales son as axudas económicas? As convocatorias están financiadas con axudas da UDC e da Comisión Europea. A asignación da bolsa é automática no momento de obter a praza Erasmus-Bilateral Existen ademais bolsas complementarias do Ministerio, a Xunta de Galicia e doutras entidades. As cantidades varían nas distintas convocatorias.

¿Onde podo atopar a información? Toda a información relativa aos requisitos de idiomas, oferta de prazas, ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible no sitio web da Oficina de Relacións Internacionais.

¿Qué ofrece a nosa Facultade? Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade e existen táboas de equivalencias de estudos coas posibles validacións entre as materias das nosas titulacións e as correspondentes nas universidades estranxeiras.



Información importante  (AVISOS IMPORTANTES)

Convocatorias Bolsas complementarias Cursos de idiomas
Portal de solicitude
Coordinadora Aceptación / Renuncia mobilidade

Modelo de contrato de aprendizaxe (Learning agreement for studies)

Certificado chegada Erasmus+/ Bilateral Certificado fin de estancia Erasmus+/ Bilateral  

   Trámites a realizar 

   Ofertas de prazas de mobilidade internacional

 

Destinos ERASMUS
Alemania:
Universität Giessen
  Universität Osnabrück
Bélgica:
Vives
  Universiteit Gent
Eslovaquia:
Univerzita Komenskeho v Bratislav 
  Paneuropean University  
(Máster Psicoloxía aplicada)
Estonia:
Tallinna Ülikool
Francia:
Université Charles de Gaulle. Lille III
 
Université Paris 13. Paris Nord
 
Université de la Reunion
Grecia:
Technologiko Ekpaideutiko Idrima (TEI) Epirou
Hungría:
University of Pécs
Italia:
Università degli Studi di Perugia
 
Università degli Studi di Genova
 
Università degli Studi di Roma
 
Università degli Studi di Modena
 
Università degli Studi di Foggia
 
Università degli Studi di Bari
Polonia:
Uniwersytet Im. Adama Mickiewicza
Portugal:
Universidade Lusófona
  Universidade da Madeira
  Instituto Politécnico de Leiria 
  ISPA
  Universidade de Coimbra
  Instituto Politécnico de Bragança
  Escola Superior de Educação de Paula Frassinet
Reino Unido:
University of Strathclyde
República Checa:
Zapadoceska Univerzita v Plzni
 
Univerzita Palackého v Olomouci
Rumanía:
Universitatea Alexandru Ioan Cuza 
  Universitatea din Bucuresti
  Universitatea de Vest din Timisoara
Turquía:
Fatih Üniversitesi
  Sinop Universitesi 
  ─░zmir Üniversitesi
Destinos BILATERAL
Arxentina:
Universidad de Ciencias empresariales y sociales
  Universidad Nacional de Villa de María
  Universidad Torcuato di Tella
Brasil:
Universidade Municipal de Sao Caetano do Sul
 
Universidade Estadual de Maringá
  Universidad Federal de Santa Catarina
  Universidade Federal do Paraná
  Universidad do Estado de Santa Catarina
  Universidade Federal do Espirito Santo
  Universidade Positivo
Chile:
Universidad Autónoma de Chile
  Universidad del Desarrollo
  Universidad Diego Portales
Colombia:
Pontificia Universidad Javeriana
Estados Unidos:
Lewis-Clark State College
México:
Universidad Nacional Autónoma de México
  Instituto Tecnológico de Sonora
  Universidad Autónoma de Sinaloa
  Universidad Regiomontana
Perú:
Universidad de Chiclayo

 

Diseño y desarrollo: Artismedia.es