Facultade de Ciencias da Educación
Universidade da Coruńa
 
Accesos Directos
Mobilidade Erasmus para impartir docencia (STA)

O programa de mobilidade STA ten como obxectivo favorecer as estadías do profesorado noutros centros de ensino superior pertencentes ao Espazo Europeo de Ensino Superior co fin de realizar labores docentes. A duración mínima da actividade é de dous días de docencia . A duración máxima é de 2 meses, aínda que só se financiará como máximo 5 días de docencia . Calquera que sexa a duración da estadía deberase impartir e certificar, cando menos, oito horas de clase por semana. A convocatoria para participar no programa STA ábrese, polo xeral, entre o mes de xullo e setembro e permanece aberta ata finais do mes de xuño do seguinte ano ou ata esgotar o total da partida orzamentaria, habendo resolucións mensuais dos solicitantes admitidos. Toda a información relativa á convocatoria pódese de atopar na ligazón  Mobilidade Erasmus-Información (STA).

As axudas de custo para esta mobilidade dependen do destino e son dietas de aloxamento e manutención e axudas para financiar a viaxe. É importante ter en conta que, á hora de outorgar a axuda, a Comisión de selección dará prioridade aos candidatos que presenten solicitudes de financiamento que vaian dar lugar a unha axuda igual ou máis reducida de 695 euros (esta cantidade é o máximo de subvención que obtén a UDC do programa Erasmus+)

O procedemento a seguir polo docente para levar a cabo unha mobilidade STA é o seguinte:

Esta mobilidade é recoñecida a efectos do Programa Docentia e da acreditación da ACSUG e a ANECA.

 

 

Diseño y desarrollo: Artismedia.es