A A

Mobilidade Erasmus con fins de formación (STT)

O programa STT ten como obxectivo favorecer a mobilidade do PAS e do PDI da UDC co fin de completar a súa formación no eixo da xestión, administración e transferencia de resultados e coñecementos. Este programa engloba dous tipo de mobilidade, a mobilidade do persoal a unha empresa e a mobilidade a outra institución de educación superior socia da UDC. A duración desta actividade será dun mínimo de dous días de traballo e máxima de dous meses, aínda que só se financiará como máximo 5 días de traballo. A convocatoria ábrese, polo xeral, entre o mes de xullo e setembro e permanece aberta ata finais do mes de xuño do seguinte ano ou ata esgotar o total da partida orzamentaria. O Persoal de Administración e Servizos ten prioridade neste tipo de mobilidade aínda que hai destinos que poden resultar de interese para os docentes . Toda a información relativa á convocatoria pódese atopar na web da Oficina de Relacións Internacionais, na ligazón Mobilidade STT

As axudas de custo para esta mobilidade dependen do destino e son dietas de aloxamento e manutención e axudas para financiar a viaxe. É importante ter en conta que, á hora de outorgar a axuda, a Comisión de selección dará prioridade aos candidatos que presenten solicitudes de financiamento que vaian dar lugar a unha axuda igual ou máis reducida de 800 euros (esta cantidade é o máximo de subvención que obtén a UDC do programa Erasmus+)

O procedemento a seguir para levar a cabo unha mobilidade STT é o seguinte:

  • Seleccionar o destino: Anuncios sobre ofertas de semanas de traballo para persoal STT ("International Staff Weeks") se poden consultar en IMOTION

  • Poñerse en contacto coa institución de destino e enviar o Staff mobility for training mobility agreement para que sexa asinado e selado.

  • Unha vez aceptado pola institución de destino, facer a solicitude online