A A

Programa Erasmus Prácticas (SMP)


¿Qué é o Programa Erasmus prácticas? O programa Erasmus Prácticas ofrece a posibilidade de levar a cabo un período de prácticas curriculares ou extra-curriculares coa finalidade de contribuír a que as persoas se adapten ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria, adquiran aptitudes específicas e melloren a súa comprensión do contorno económico e social do país de destino, ao mesmo tempo que adquiren experiencia laboral.

¿Cando se publica a convocatoria? A convocatoria para participar no programa Erasmus Prácticas para o curso 14-15 está aberta dende o 25 de marzo deste curso e as solicitudes poderán presentarse ata o 30 de maio do 2015.

¿Canto tempo pode durar a estadía? A estadía pode durar entre 2 e 12 meses nunha empresa ou organización dun país da Unión Europea (son elexibles as empresas dos 27 estados membros da UE, dos tres países integrantes do Espazo económico Europeo, Islandia, Liechtenstein e Noruega, e mais de Turquía e Croacia).

¿Cando solicitar esta mobilidade? Para levar a cabo prácticas curriculares é necesario estar matriculado do Practicum na nosa facultade e ter en conta a duración mínima de estadía. As prácticas extracurriculares as poden facer estudantes que ainda non rematarán a titulación e tamén estudantes recén titulados. Estes últimos terá que facer as prácticas durante o ano inmeditamente posterior a finalización dos estudos e pedilas cando aínda están matriculados na UDC.

¿Cales son as axudas económicas? Para maximizar as posibilidades de optar a unha bolsa (do Ministerio ou do programa Erasmus+) para facer prácticas no estranxeiro durante o curso 2014/15, O MELLOR É QUE O ESTUDANTE EMPECE A BUSCAR XA (SEN ESPERAR A MÁIS ADIANTE) UNHA EMPRESA OU INSTITUCIÓN ONDE FACELAS. O Ministerio só vai conceder bolsas nunha única convocatoria antes do verán, de xeito que o que non teña concedida a mobilidade nese momento non terá ningunha posibilidadede obter a bolsa. Ademais, as bolsas Erasmus+ tamén repartiranse dando preferencia aos estudantes que presenten as súas solicitudes antes do verán.

¿Onde podo atopar a información? Toda a información relativa ás convocatorias, aos trámites e ás axudas económicas está dispoñible no sitio web da Oficina de Relacións Internacionais. É responsabilidade do estudante atopar a empresa de destino pero a Oficina de Relacións Internacionais tamén publica as ofertas que recibe na seguinte ligazón Oferta de prácticas en empresas. Os requisitos de idiomas quedan recollidos nos convenios que se asinen coas empresas e no Regulamento da UDC sobre Mobilidade Internacional de Estudantes.

¿Qué ofrece a nosa Facultade? Na nosa facultade temos unha coordinadora de mobilidade para asesorar e asinar os acordos de formación.


Información importante