Green Campus na Facultade de Ciencias da Educación

 



O programa Green Campus na UDC

A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), como membro de Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus. A FEE agrupa como membros a ONG de 65 países, e desde a súa fundación en 1982 desenvolve programas internacionais como Bandeira Azul (Blue Flag) ou as Ecoescuelas (Eco-schools). En Europa máis de 40 universidades participan desde 2007 no programa.

A creación dun Comité Ambiental, a realización de eco-auditorías, a elaboración dun Plan de Acción e dunha declaración do compromiso ambiental, xunto co asesoramento, información, comunicación e avaliación continua, son os elementos chave da metodoloxía do GreenCampus. Os obxectivos para alcanzar viran ao redor de dez áreas de actuación: 1) optimización do consumo de auga e enerxía, 2) redución da xeración de residuos e recollida separada, 3) atención preferente aos RAEE (residuos de aparellos eléctricos e electrónicos), 4) contaminación atmosférica, acústica e lumínica, 5) mobilidade sustentable, 6) alimentación saudable, 7) biodiversidade, 8) compra verde, comercio xusto e consumo responsable, 9) participación, sensibilización e voluntariado ambiental, e 10) ambientalización curricular da docencia e da investigación.

 

ACTA CONSTITUCIÓN COMITÉ

MEMBROS COMITÉ

PROPOSTA DE COLABORACIÓN

PLAN DE ACCIÓN

 
DECLARACION AMBIENTAL DE LA FACULTAD 

 

RESULTADO AUDITORÍA AGUA FCCEE


EVIDENCIAS GREEN CAMPUS

 

 

 

NOVAS

CONTAMINACIÓN ACÚSTICA: FACULTADE CIENCIAS EDUCACIÓN, DO CAMPUS E DA CORUÑA

 

 

GALERIA GREEN CAMPUS

 

Impacto ambiental na UDC


O alumnado de 3ºB do Grao de Educación Primaria durante as sesións sobre impacto ambiental na UDC organizadas polo Área de Didáctica das Ciencias Experimentais.

 

Obradoiro de Auditoría da auga na casa e no centro.

O principal obxectivo desta actividade foi o co?ecer e cuantificar o consumo de auga e os seus impactos asociados. Tanto nos nosos fogares como nos centros da UDC existe unha ampla marxe á mellora: da man da Oficina de Medio Ambiente co?ecimos unha serie de boas prácticas e tamén as medidas para o aforro de auga que se están a tomar na UDC, por exemplo o axuste do caudal, a instalación de aireadores ecoeficientes, ou a muda de billas e cisternas de dobre carga. No obradoiro fixemos a práctica de algunhas destas medidas, tamén aplicamos a ferramenta web de mapeo participativo do consumo de auga na cidade, e propúxosenos levar a cabo a auditoría da auga dirixida á minimización nos nosos fogares.

 

 

 

 

 

 

 

Actividade sobre residuos na Facultade

 

 

 

Bandeira