A A

Novas

   
15/03/2017
Exposición e charla "Un cuarto de revelado propio", de Nina Corredoira (alumna da facultade)

O venres 17 de marzo, ás 11h, na Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, Nina Corredoira ofrecerá unha charla sobre as mulleres na historia da fotografía, dende o comezo ata a época de entreguerras. Con ela presentará a  exposición dunha serie de infografías que realizou sobre algunhas da mulleres máis salientables na historia da fotografía internacional, esquecidas pola sociedade e a historia da arte. Nina é alumna na nosa facultade. http://bibedu.blogaliza.org/