A A

Novas

   
14/09/2017
Club de lectura e encontros literarios 2 ECTS

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística  organizan un club de lectura e encontros literarios para toda a comunidade universitaria. A asistencia ao club conta coa concesión de 2 ECTS. Constará de cinco lecturas e da visita das súas autoras e autores, distribuídas ao longo do curso académico. Tedes programa e máis información no blog https://nebedaclubelectura.wordpress.com/ e na Biblioteca da facultade.    


ORGANIZACIÓN:  Servizo de Normalización Lingüística e Biblioteca Facultade de Ciencias da Educación.


COORDINACIÓN: Inma Doval Porto (Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación)


LUGAR DE REALIZACIÓN: Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación


PERSOAS DESTINATARIAS: comunidade universitaria da UDC, ata completar aforo, 30 persoas.


INSCRICIÓN: gratuíta no correo electrónico mdoval@udc.gal


MODALIDADE: Semipresencial.  Total aproximado de 30 h.