Novas

   
04/07/2017
RECOÑECEMENTO AOS TRABALLOS MÁIS SUSTENTABLES NA FACULTADE DE EDUCACIÓN

A Coruña, 4 de xullo de 2017.- O salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación acollerá mañá, mércores, 5 de xullo, ás 11:00 horas, o acto de entrega de diplomas aos Traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado do curso 2015-2016. No evento organizado polo Comité Ambiental do programa Green Campus do centro, farase entrega dun recoñecemento especial a aqueles traballos que mellor integraron desde o ámbito educativo as dimensións da sustentabilidade nos seus proxectos.


Participarán no acto, o vicerreitor de Economía, Infraestructuras e Sustentabilidade, Domingo Calvo, o decano da Facultade de Ciencias da Educación, Manuel Peralbo, o coordinador do programa Green Campus da Facultade, Pedro Vega, e o director da Oficina de Medio Ambiente, Manuel Soto.

Este primeiro acto constitúe o punto de partida para a instauración dos "Premios Sustentabilidade Green Campus UDC", que ten previsto organizar a Vicerreitoría de Economía, Infraestructuras e Sustentabilidade, a través da Oficina de Medio Ambiente, e que se convocarán por primeira vez o vindeiro curso.