A A

Novas

   
29/11/2017
A FACULTADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A actividade do pasado xoves organizada na UDC polo 1º Curso de Educación Social, foi adicada ao Día Internacional Da Violencia de Xénero.

Dita actividade ideouse na asignatura de Deseño e Desenvolvemento da Acción Socioeducativa da man da profesora Mar Rodríguez Romero. Realizouse durante toda a mañá na Facultade de Ciencias da Educación con unha participación aberta a todos e todas os/as Educación.

Os futuros educadores/as sociais creamos un tendal nun espazo da facultade no cal se colgaron camisetas co número 44 , representando o número de víctimas

de violencia de xénero no noso país. En ditas camisetas expuxéronse as pegadas das nosas mans simbolizando o rexeitamento contra esta violencia que tanto nos atormenta cada día.

Ademáis, para crear un consenso maior neste acto, decidimos que o apoio dos/as estudantes se reflexara na súa participación e ofrecemos a posibilidade de que escribisen unha frase ou palabra significativa que posteriormente se colgaría no tendal coas camisetas.

Por outra banda, decidimos que a nosa presentación na facultade fose significativa e viñemos vestidos de negro , esta proposta coincide coa inciativa do Concello da Coruña e con outras cidades galegas que  reflexan o luto cara todas esas mulleres víctimas da violencia de xénero, de forma común.

Outra pequena actividade que sumamos a do tendal , foi a que se levou a cabo por un grupo de persoas da clase que repartía abrazos mentres paseaban pola facultade un cartel colgado que expoñía :  "abrazos contra a violencia de xénero".

Ambas actividades tiveron grande éxito e resultaron moi gratificantes, e sobretodo, logramos o obxetivo principal nese día : lograr a unión e a forza por unha vida sen violencia de xénero.