Novas

   
11/01/2018
CURSO DA BIBLIOTECA UNIVERSITARIA PARA PDI E DOUTORANDOS

IV Edición do curso "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación"



O Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros imparten o curso "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación", en colaboración co CUFIE.

Trátase dun curso semipresencial de 12 horas: 8 horas teóricas en liña a través da plataforma Moodle (do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2018) e 4 horas de prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros (do 2 de marzo ao 31 de marzo de 2018, acordándose a data coa biblioteca de cada centro).


Máis información na ficha do curso

Formulario de inscrición (do 8 ao 14 de xaneiro)