A A

Novas

   
05/03/2018
CONQUISTA OS ELEMENTOS
Visibilizando o deporte feminino

charla-coloquio - 15 marzo
IES David Buján - Cambre

 


Dirixímonos a vostedes, para poñer no seu coñecemento o comezo por parte da Deputación da Coruña, da Campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino “Conquista os elementos”; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, clubes, federacións e escolas deportivas municipais. Na presente campaña, celebraranse un total de 23 videoforum en 23 Concellos de tódalas comarcas da Provincia ,que terán como eixo vertebrador, o documental “ Contra os elementos” elaborado pola propia Deputación. Dita proxección, veráse acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.


Aproveitamos a ocasión, para convidalas e convidalos o evento enmarcado dentro da presente campaña, que terá lugar en Cambre o próximo 15 de Marzo 12:30 no IES David Buján; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio baixo o nome “Visibilizando o deporte feminino”.