Novas

   
14/05/2018
Lectura compartida de textos de MARÍA VICTORIA MORENO

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno, Patricia Carballal, Inma Doval e Montse Muriano pensaron nunha acción que consistirá na lectura compartida de textos da autora o luns, 14 de maio, ás 11 nun espazo ao lado da porta da biblioteca para que, quen queira, poida ler con elas e compartir a obra da escritora.


Agardamos que a súa acción sexa interesante e que, por suposto, vos acheguedes e compartades un cachiño da súa obra.