Novas

   
17/10/2018
V Seminario Hábitat a Escala Humana

O mércores 17 de outubro a Facultade de Ciencias da Educación acollerá o V Seminario Hábitat a Escala Humana.


 


Baixo o lema A vida no centro... tamén en educación: participación, inclusión e coidados, presentaranse dous relatorios e dúas experiencias que xirarán arredor dos seguintes temas:


 



  • O marco de dereitos para unha educación que poña a vida no centro (a cargo de María Eugenia Pallop)

  • A (des)protección no sistema educativo: escoitando ás infancias máis vulnerables (a cargo de Ana Iglesias)

  • Se ti o dis... será (a cargo de Carmen Saavedra)

  • Escolas ordinarias, crianzas extraordinarias (a cargo de Leticia Barbadillo)


 


Este encontro enmárcase no Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, desenvolvido colaborativamente entre a Arquitectura sen Fronteiras e a Facultade de Ciencias da Educación e financiando pola Xunta de Galicia.


 


Tendes máis información


http://www.galicia.asfes.org/xa-esta-aqui-a-v-edicion-do-seminario-habitat-a-escala-humana-a-vida-no-centro-tamen-na-educacion/