Novas

   
14/11/2018
Convocatoria para a publicación dos TFG/TFM dos cursos 12/13, 13/14, 14/15, 15/16, 16/17 e 17/18
Conforme a normativa vixente, os estudantes que o desexar poden optar á publicación dos seus traballos Fin de Grao e Fin de Mestrado no repositorio institucional da UDC. Coa finalidade de procurar que as publicacións cumpran cos requisitos esixibles de calidade e rigor académico, a Xunta de Facultade na súa sesión de 24 de marzo de 2018 (modificado o 28 de xuño de 2018) aprobou o seguinte procedemento:

 

1. O estudante presentará debidamente cuberta e autorizada a instancia dispoñible en (http://www.educacion.udc.es/documentos/administracion/2018-19/Normas-para-publicacion-TFG_TFM.pdf):

 

2. Xunto coa instancia entregarán no rexistro da Facultade os seguintes documentos (http://www.educacion.udc.es/documentos/administracion/2018-19/INSTANCIA-DECANO-TFG-TFM.pdf):



  • Traballo en formato papel (obrigatorio)




  • Traballo en formato electrónico en CD ou pendrive (obrigatorio)




  • Fe de erratas (opcional)




3. A Comisión académica ou de titulación correspondente recibirá dende o decanato o informe de coincidencias resultante da aplicación de Turnitin (programa antiplaxio da UDC) aos traballos presentados.

 

4. A Comisión académica ou de titulación resolverá sobre si procede ou non a publicación no prazo de 90 días hábiles contados dende a finalización do prazo de presentación de solicitudes.

 

5. Con esta finalidade ábrese un prazo dende o 16 de novembro de 2018 ata o 4 de xaneiro de 2019 para a presentación de solicitudes.

 
+ info