Novas

   
22/11/2018
Xornada sobre Enfermidades Raras: "Outra forma de voar"

Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña organiza a Xornada sobre Enfermidades Raras "Outra forma de voar" o 3 de decembro, Día internacional das persoas con discapacidade, co obxectivo de visibilizar e sensibilizar á comunidade universitaria, así como á poboación en xeral, sobre as necesidades reais das persoas con enfermidades raras. 


DATA: Luns 3 de decembro de 2018


HORARIO: De 9:00 h a 20:00 h


LUGAR: Sesión de mañá - Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de  Elviña (A Coruña)


               Sesión de tarde - Aula multimedia, aula 0/8 e aula multiusos


PROGRAMA DAS XORNADAS: Podedes descargar o programa neste enlace: "Outra forma de voar"


CUSTO: A Xornada é de balde, mais este ano temos un convenio coa Cociña Económica e pedímosvos que aportedes un kilogramo ou un litro dos seguintes productos: aceite de xirasol, garbanzos, lentellas, fabas, sal, cafe molido natual e/ou azucre. Recolleremos os produtos na porta das xornadas, agradecemos de antemás a vosa aportación.


 FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN (aberto ata o 28 de novembro)





Unidade de Atención á Diversidade


 




adi@udc.es


981 167 000 (etx. 5622)


Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa


Edificio Xoana Capdevielle - 1º Andar


Campus Elviña s/n


15071 - A Coruña