Novas

   
30/11/2018
Día Mundial da loita contra o VIH/Sida

Esta é unha actividade no marco do traballo que se ven desenrolando dende os Quérote+ (Centros de asesoramento á mocidade da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia) no eido da prevención do VIH e atención a persoas que viven con VIH/Sida.

Solicítase:

Dispoñer dun espazo nos corredores da facultade para:

1. Colocación dunha mesa informativa
que estará atendida por profesionais dos Quérote+, que ofrecerán información acerca do servizo de asesoramento específico en materia de prevención de VIH, así como da realización da proba rápida de VIH (os Quérote+ son o servizo de referencia en Galicia na realización desta proba). Disporase de materiais informativos e preservativos. Tamén se realizará unha enquisa sobre coñecementos que os estudantes universitarios teñen sobre o VIH/Sida.

2. Desenvolvemento dunha intervención consistente en formar un gran lazo vermello no chan ou parede
, para o que se empregarán cartolinas vermellas nas que se irán escribindo mensaxes relativas á prevención do VIH e o respecto dos dereitos das persoas VIH+. Esta acción pretende implicar ao alumnado e resultar visible durante a xornada.

O horario para o desenvolvemento das actividades é de 10:00 AM ata 1:00 PM.