Novas

   
15/02/2019
CONVOCATORIA XUNTA FACULTADE: 15 de febreiro

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos da  Facultade  o vindeiro venres 15 de febreiro de 2019, ás 12.00 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 


ORDE DO DÍA



  1. Lectura e aprobación, se proceder, das Actas das sesións anteriores (30 de outubro, 19 de decembro, e 21 de decembro).

  2. Informe do Decano.

  3. Aprobación, se proceder, das solicitudes de avaliación da actividade docente (quinquenios) do profesorado Contratado interino de substitución a tempo completo e profesorado Axudante doutor.

  4. Aprobación, se proceder, da memoria económica do ano 2018.

  5. Aprobación, se proceder, da proposta de distribución do orzamento para o ano 2019.

  6. Aprobación, se proceder, da declaración de intencións para propor a creación de dous mestrados.

  7. Asuntos de trámite.

  8. Quenda aberta de intervencións.


 


A Coruña, 12 de febreiro de 2019


A secretaria académica


  


Montserrat Durán Bouza


Accédese a Acta da sesión anterior, á listaxe de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ


 

+ info