Novas

05/04/2019
05/04/2019 - XUNTA ORDINARIA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos da  Facultade  o vindeiro venres 5 de abril de 2019, ás 11.00 h. en primeira convocatoria e ás 11.30 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 


ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se proceder, das Actas das sesións anteriores (28 de febreiro e 20 de marzo).
  2. Informe do Decano.
  3. Modificación, se proceder, da comisión redactora do Mestrado Universitario en Educación Social
  4. Ratificación, se proceder, do límite de prazas das titulacións de Grao e Mestrado para o curso 2019-2020.
  5. Aprobación, se proceder, do PDA do curso 2019-2020 das titulacións do Centro.
  6. Votación para a renovación dos representantes nas comisións da Xunta de Facultade.
  7. Asuntos de trámite.
  8. Quenda aberta de intervencións.

 

 A Coruña, 3 de abril de 2019

A secretaria académica

  

Montserrat Durán Bouza

+ info