Novas

01/07/2019
01/07/2019 - XUNTA ORDINARIA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos da Facultade o vindeiro luns 1 de xullo de 2019, ás 12.00 h. en primeira convocatoria e ás 12.30 h. en segunda, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Lectura e aprobación, se proceder, das Actas das sesións anteriores (5 de abril e 15 de maio).
2. Informe do Decano.
3. Aprobación, se proceder, da Normativa para a Organización da Docencia nos Graos. Curso 2019/2020.
4. Aprobación, se proceder, do marco horario das titulacións de grao para o curso académico 2019/2020.
5. Aprobación, se proceder, da ocupación de aulas para o curso académico 2019/2020.
6. Aprobación, se proceder, dos calendarios do centro (Académico, Practicum, TFG, TFM) para o curso académico 2019/2020.
7. Apoio, se proceder, á Lei de Educación Social.
8. Asuntos de trámite.
9. Quenda aberta de intervencións.

A Coruña, 27 de xuño de 2019

A secretaria académica

Montserrat Durán Bouza

Accédese as Actas das sesións anteriores, ás listaxes de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ