Novas

02/10/2019
Xornada de normalización lingüística: Educación social, motor para a estima

Xornada de normalización lingüística: Educación social, motor para a estima, que terá lugar o mércores 2 de outubro no salón de actos da Facultade, con motivo da celebración do día internacional da Educación Social e tamén do comezo do Programa pilogo para a docencia en galego no Grao en Educación Social.

Nesta xornada de celebración, reflexionaremos e dialogaremos sobre a lingua como valor, incidindo no papel da educación social na dinamización do galego. E todo isto da man de Belén Regueira (xornalista), María Lago e Lucía Aldao (poetas), Manuel Núñez Singala (director do servizo de normalización da USC) e Natalia Domínguez (vicepresidenta do Ceesg).

VER O ARQUIVO: www.educacion.udc.es/documentos/novas/2019/CARTEL PNL.pdf