Novas

18/10/2019
OBRADOIRO "WeArt: procesos artístico-participativos baixo o prisma do ecofeminismo"
O venres 18 de outubro convidámosvos á charla e posterior obradoiro "WeArt: procesos artístico-participativos baixo o prisma do ecofeminismo", actividade financiada pola Comisión de Cultura da nosa Facultade que será realizada pola artista Lucía Loren  http://lucialoren.com/
 
A actividade busca explorar os vínculos entre a arte, a educación e o territorio baixo a mirada integradora do ecofeminismo xerando procesos participativos. As persoas interesadas poden completar o formulario que se atopa na seguinte ligazón