Novas

12/11/2019
12/11/2019 REUNIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos da  Facultade  o vindeiro martes 12 de novembro de 2019, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 


ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se proceder, da Acta da sesión anterior (24 de xullo).
  2. Informe do Decano.
  3. Proposta de creación, se proceder, dunha Comisión Delegada de Ética e Mediación da Facultade de Ciencias da Educación.
  4. Aprobación, se proceder, dos documentos marco do TFG das titulacións de Grao.
  5. Aprobación, se proceder, da proposta de nomeamento dos/as coordinadores/as de Grao e Mestrado.
  6. Aprobación, se proceder, do PAT da Facultade de Ciencias da Educación para o Curso Académico 2019/2020.
  7. Substitución, se proceder, do representante da Área de Psicoloxía Evolutiva na Comisión Redactora do Mestrado Interniversitario en Intervención Socioeducativa
  8. Asuntos de trámite.
  9. Quenda aberta de intervencións.


A Coruña, 6 de novembro de 2019


A secretaria académica

  

Montserrat Durán Bouza


Accédese á Acta da sesión anterior, á listaxe de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ