Novas

20/01/2020
Curso de axuda para a preparación do TFG 2019-20

A Biblioteca da Facultade convoca o curso "Competencias informacionais e dixitais para o acceso e xestión da información académica para o alumnado de TFG", de apoio e orientación na procuras de información sobre un tema en artigos e monografías, na elaboración dunha bibliografía e citas segundo o formato da APA, e na creación de presentacións dinámicas.

É semipresencial con 4 horas presenciais e seguimento do contido xeral a través de Moodle.

Prazo e lugar de matrícula: ata o 7 de febreiro, na biblioteca.

Horarios (elixir un dia). Serán 4 horas.

  • Quenda de mañá (10-14 h): 14 e 21 de febreiro
  • Quenda de tarde (17-21 h): 17 e 24 de febreiro
     

Lugar de realización: Aula multimedia