Novas

13/02/2020
13/02/2020 - CONVOCATORIA XUNTA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar no Salón de Graos da Facultade  o vindeiro xoves 13 de febreiro de 2020, ás 16:30 h. en primeira convocatoria e ás 17:00 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 


ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación, se proceder, da Acta da sesión anterior (19 de decembro).
  2. Informe do Decano.
  3. Aprobación, se proceder, da declaración de intencións para propor a modificación do Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas.
  4. Aprobación, se proceder, da declaración de intencións para propor a creación do título de Mestrado  Universitario en Intervención Socioeducativa.
  5. Aprobación, se proceder, da declaración de intencións para participar no programa piloto do Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xurídicas da UDC.
  6. Aprobación, se proceder, da memoria económica do ano 2019.
  7. Aprobación, se proceder, da proposta de distribución do orzamento para o ano 2020.
  8. Asuntos de trámite.
  9. Quenda aberta de intervencións.

A Coruña, 11 de febreiro de 2020

A secretaria académica

  

Montserrat Durán Bouza

Accédese á Acta da sesión anterior, á listaxe de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ