Novas

12/07/2020
12/07/2020 CONVOCATORIA XUNTA DE FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar a través de Teams o vindeiro luns 13 de xullo de 2020, ás 11.30 h. en primeira convocatoria e ás 12.00 h. en segunda, coa seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA
1. Lectura e aprobación, se proceder, da Acta da sesión anterior (19 de maio).
2. Informe do Decano.
3. Aprobación, se proceder, da Normativa para a Organización da Docencia nos Graos. Curso 2020/2021.
4. Aprobación, se proceder, do marco horario das titulacións de grao para o curso académico 2020/2021.
5. Aprobación, se proceder, da ocupación de aulas para o curso académico 2020/2021.
6. Aprobación, se proceder, dos calendarios do centro (Académico, Practicum, TFG, TFM) para o curso académico 2020/2021.
7. Proposta e aprobación, se proceder, do modelo docente da Facultade para o curso 2020/2021 por mor da COVID-19
8. Asuntos de trámite.
9. Quenda aberta de intervencións.

Accédese á Acta da sesión anterior, ás listaxes de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día DOCUMENTACIÓN XUNTA

 

Recomendamos que ao inicio da sesión manteñan pechados o micro e a cámara, e que a palabra se pida a través do Chat.

A Coruña, 7 de xullo de 2020
A secretaria académica

Montserrat Durán Bouza