Novas

30/07/2020
30/07/20 REUNIÓN ORDINARIA XUNTA FACULTADE

Seguindo as instrucións do Sr. Decano, convócase Reunión Ordinaria da Xunta de Facultade de Ciencias da Educación, que terá lugar a través de Teams o vindeiro xoves 30 de xullo de 2020, ás 11.30 h. en primeira convocatoria e ás 12.00 h. en segunda, coa seguinte orde do día: 

 

ORDE DO DÍA

 

1.- Lectura e aprobación, se proceder, da Acta da sesión anterior (13 de xullo).

2.- Informe do Decano.

3.- Aprobación, se proceder, dos horarios de clases e exames das titulacións do Centro para o curso 2020/2021.* 

4.- Aprobación, se proceder, das guías docentes das titulacións da Facultade para o curso 2020/2021.

5.- Constitución, se proceder, do grupo de traballo sobre igualdade de xénero.

6.- Aprobación, se proceder, do plan de prevención e hixiene fronte á COVID-19.

7.- Asuntos de trámite.

8.- Quenda aberta de intervencións.

 

 A Coruña, 28 de xullo de 2020

 A secretaria académica

 Montserrat Durán Bouza

 Accédese á Acta da sesión anterior, á listaxes de asistencia, e a documentación a tratar nos puntos da orde do día PREMENDO AQUÍ

 

 

*Lembramos a conveniencia de revisar os horarios por se houbera algún erro que deba ser corrixido antes da súa aprobación na Xunta de Facultade.

 

 

 Recomendamos que ao inicio da sesión manteñan pechados o micro e a cámara, e que a palabra se pida a través do Chat.