Novas

   
01/04/2008
Convocatoria de axudas da UDC para a organización de xornadas e ciclos de conferencias
A Universidade da Coruña, co obxectivo de promover a difusión da cultura científica
e dos coñecementos, publica a convocatoria de axudas do ano 2008 para a organización
de xornadas divulgativas e de ciclos de conferencias.



A solicitude, segundo o modelo oficial dispoñible na Oficina de Cursos1 e na súa
web, www.udc.es/occ, dirixirase á Vicerreitoría de Cultura e Comunicación e presentarase
no Rexistro Xeral da Universidade (rúa Maestranza, 9), no rexistro auxiliar de
Elviña (campus de Elviña, Casa do Lagar) ou no rexistro da Vicerreitoría do Campus
de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n), entre os dias 25 de marzo ata o 18 de abril
de 2008, os dous incluídos.
+ info