Novas

   
09/10/2008
ACTÍVATE, semana do deporte na universidade
O proxecto “ACTÍVATE, semana do deporte na universidade”, ponse en acción na nosa Universidade. ACTÍVATE é unha iniciativa conxunta da Dirección Xeral para o Deporte, a Fundación Deporte Galego e as tres universidades galegas (UDC, USC e UVI) co obxectivo de difundirmos e potenciarmos a práctica de actividade física e deportiva dentro da comunidade universitaria.

A través de ACTÍVATE todos os membros da comunidade universitaria terán a oportunidade de recibiren información sobre o seu estado actual de condición física para a saúde e saberen, así mesmo, cal das actividades deportivas universitarias resultan máis axeitadas para as súas características.

+ info