Novas

21/10/2008
A Educación non ten fronteiras
O vindeiro luns 3 de novembro ás 12h no Salón de Actos da Facultade CC. da Educación terá lugar a conferencia "A educación non ten fronteiras".

Participantes:
Wilfredo Miranda, profesor dunha escola en San Salvador e traballa no Proxecto de Cooperación Educativo Educación Sen Fronteiras.
Angélica Paniagua, directora da Fundación de Educación Popular CIAZO, Institución educativa salvadoreña, Educación Popular e Programas de Educación de Adultos.