CAS | GAL
  Benvida

A formación inicial do profesorado da educación secundaria obrigatoria e postobrigatoria, así como doutras ensinanzas non-universitarias, é un dos factores chave para a calidade da educación nestas etapas educativas.
O Mestrado en Profesorado de Secundaria vai significar unha importante reforma na formación inicial do profesorado desta etapa educativa, por adecuala ao espazo europeo de educación superior, que incorpora un requisito de titulación universitaria de posgrao como exixencia para o exercicio profesional. Isto afectará tanto aos profesionais do sector público como a aqueles que pretendan exercer na ensinanza privada.

O Mestrado en Profesorado de Secundaria require a realización de 60 créditos ECTS teórico-prácticos. Estes 60 créditos ECTS distribúense da seguinte maneira: Módulo Xenérico, 16 créditos; Módulo Específico, 26 créditos; Prácticum e Traballo de Fin de Mestrado, 18 créditos.

O Módulo Xenérico é común para todo o estudantado matriculado. O Módulo Específico e o Prácticum son distintos en función das peculiaridades de cada itinerario ou especialidade. Os módulos xenérico e específico teñen un carácter presencial obrigatorio. O Prácticum tamén ten carácter presencial e desenvolverase nos centros de educación secundaria que se estableceren por convenio coa Xunta de Galicia.

O período lectivo do Mestrado en Profesorado de Secundaria axústase ao período anual do curso académico, de outubro a xullo.

Para matricularse neste mestrado é obrigatorio acreditar un nivel de lingua estranxeira correspondente á certificación B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
Novas ollar todas

  • 30.09.16
    INAUGURACIÓN MÁSTER A LAS 16:30H
    mais...
  • 09.11.15
    Convocatoria da reunión preparación do Practicum o 9/11/2015
    mais...
  • 26.10.15
    Convocatoria adiantada de materias do Mestrado de Secundaria 2015-2016
    mais...
  • 26.10.15
    Cronograma de Avaliación adiantada dos TFM. Mestrado de Secundaria 2015-2016
    mais...
  • 02.10.15
    Inauguración Máster de Secundaria luns 5 outubro, 16 h. no Salon de Actos
    mais...
  • 16.09.15
    Información sobre bolsas para persoas desempregadas matriculados nun mestrado:
    mais...
  • 28.07.15
    Listaxe definitiva admitidos excluídos Mestrado de Secundaria todos os itinerarios
    mais...
  • 16.07.15
    Listaxe provisional admitidos excluidos Mestrado de Secundaria todos os itinerarios
    mais...
  • 09.06.15
    Calendario Tribunais TFM xuño 2015
    mais...
  • 25.05.15
    Calendario Académico para o curso 2015-16
    mais...
Diseño y desarrollo: Artismedia