Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada

Benvida

O obxectivo desta titulación é dar formación investigadora de postgrao, e nela participa o Departamento de Psicoloxía da Universidade da Coruña. O plan de estudos consta de 60 créditos europeos e está pensado para obter o título nun curso académico (de outubro a xullo), aínda que tamén está previsto que se poida estudar a medio tempo, simultaneando os estudos co traballo, en cuxo caso a duración sería de dous cursos. Pódese optar polas especialidades de "Psicoloxía da saúde" ou de "Intervención psicolóxica en contextos educativos", as cales dan acceso aos novos programas de doutoramento, permitindo ao alumnado estender a súa formación ata a obtención do título de doutor/a. As clases son impartidas por profesorado doutor de acreditado prestixio docente e investigador, en horario de tarde para facilitar a compatibilidade coa actividade laboral. Para máis información non dubide en contactarnos.

Coordinadora:

Alicia Risso Migues

Contacto:

Correo-e: master.psicologia@udc.es
Teléfono: +34 88 101 1790 (excepto agosto)

Accesos directos: