Baremo

En aplicación da Normativa de Xestión académica da Universidade da Coruña, faise público o baremo para valorar as solicitudes de admisión que se presenten para optar a unha praza do Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada :  

   1. Expediente académico (obrigatorio): máx. 8 puntos

   2. Coñecemento acreditado de inglés (non obrigatorio): máx. 2 puntos (=C1)

Puntuaranse unicamente aquilo do cal se presentase a correspondente acreditación (certificados oficiais, diplomas, etc.) en tempo e forma.

En caso de dúbida sobre a admisión, poderase realizar unha entrevista persoal co/a candidato/a.

De haber máis solicitudes que prazas dispoñibles terán preferencia as seguintes titulacións: Licenciatura ou Grao en Psicoloxía e Licenciatura de Psicopedagoxía.