Dispensa de asistencia

O alumnado que xa teña formalizada a súa matrícula a tempo parcial poderá solicitar unha "dispensa de asistencia", de todo ou parte do matriculado, dirixindo un escrito razoado á Comisión Académica da titulación. Os solicitantes disporán de 10 días hábiles desde que finalice o prazo de matrícula para presentar no Rexistro da Facultade o impreso de solicitude cuberto e a documentación acreditativa que proceda. A Comisión resolverá nun máximo de 15 días hábiles, contados a partir da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Non poderá aplicarse a dispensa de asistencia para os exames oficiais, nin tampouco para as actividades concretas marcadas como de asistencia obrigatoria, se as hai, nas guías das materias.