Especialidades

 Este Máster permite optar pola especialidade de Psicoloxía da Saúde ou pola de Intervención Psicolóxica en Contextos Educativos.

 

Especialidade en Psicoloxía da saúde

Nesta especialidade ponse a énfase nos diferentes niveis de análise e as distintas estratexias de acción que, dende as diversas parcelas ou áreas da Psicoloxía, resultan útiles para a prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación dos problemas de saúde; ou, dito en termos máis positivos, que serven para a promoción, o mantemento e a restauración da saúde integral do individuo.

O seu ámbito de actuación é o campo da Psicoloxía da Saúde, unha área específica de intervención e investigación especializada, cunha gran demanda por parte dos actuais profesionais da psicoloxía. Búscase, polo tanto, formar profesionais que saiban xuntar os aspectos teóricos, prácticos e de investigación que supón o campo da Psicoloxía da Saúde.

 

Especialidade en Intervención psicolóxica en contextos educativos

Nesta especialidade ponse a énfase nas bases, requisitos e procedementos da intervención psicolóxica en contextos educativos, especialmente no relativo aos procesos emocionais, motivacionais e comunicativos, así como na lecto-escritura e o cálculo.