Instrucións matrícula

A matrícula no Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial (consultar, nesta misma web, os apartados "Plan de estudos" e "Admisión e matrícula", dentro de "Información").

O alumnado admitido nos mestrados da Universidade da Coruña deberá formalizar a súa matrícula a través de Internet, nas datas indicadas no apartado  "Prazos preincripción e matrícula".

Hai que seguir as indicacións que van aparecendo en cada páxina ata que a matrícula estea confirmada. Máis información AQUÍ.

Posteriormente, se non se proporcionou durante a preinscrición, debe entregarse na Administración do centro(1) a seguinte documentación (por correo postal ou presencialmente):

  • Xustificante, se fose o caso, de exención ou de redución dos prezos de matrícula

Calquera dúbida ou xestión relacionada coa matrícula debe dirixirse directamente, a:

(1) Negociado Administrativo - Facultade de Ciencias da Educación - Campus de Elviña s/n - 15071 A Coruña (España). Teléfono (+34) 88 101 4645 / 4690 / 4695.

Unha vez formalizada a matrícula, os/as novos/as membros da Universidade da Coruña deben activar os servizos (https://servizos.udc.es) que lles permitirán ter acceso a un gran número de ferramentas telemáticas. O correo electrónico que se xera durante este proceso será o único medio de comunicación electrónico válido para as notificacións e informacións que remitirá a Universidade.