INFORMACIÓN SOBRE A LEGALIZACIÓN E TRADUCIÓN DE DOCUMENTOS ACADÉMICOS EXPEDIDOS NO ESTRANXEIRO A legalización consiste na comprobación e certificación da autenticidade da firma de quen expide o documento, a calidade na que actuase o signatario e, no seu caso, a identidade do selo ou timbre que leve o documento. A legalización ou apostila deberá figurar sobre o documento orixinal, antes da realización da copia que se vaia compulsar. Non se esixe ningún tipo de legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Lituania, Liechtenstein, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía e Suecia. Tamén Suíza, por acordo bilateral coa U.E. Para os documentos expedidos nestes países non será necesaria a legalización (Orde ECI/3686/2004, do 3 de novembro, pola que se ditan normas para a aplicación do Real Decreto 285/2004, do 20 de febreiro, polo que se regulan as condicións de homologación e validación de títulos estranxeiros de Educación Superior (BOE n.º 275, do 15 de novembro de 2004), pero si a tradución. Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro que queiran facerse valer nestes procedementos deberán estar debidamente legalizados conforme ás seguintes condicións: Tradución ao castelán de documentos expedidos en idioma estranxeiro Todos os documentos expedidos en idioma estranxeiro polas autoridades competentes do país de procedencia deberán acompañarse da súa tradución ao castelán, agás se están expedidos nalgún dos seguintes idiomas: francés, inglés, italiano ou portugués, e poderá facerse: Na medida do posible, cando o documento orixinal estea escrito nun alfabeto distinto do occidental, recoméndase que a correspondente tradución recolla a denominación do título no seu idioma orixinal, pero transcribida ao alfabeto occidental, en lugar dunha tradución desa denominación. A tradución ao castelán estará exenta de legalización. INFORMACIÓN SOBRE HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS
(Non é necesario homologar o título estramxeiro para cursar este Mestrado).