Obxectivos

OBXECTIVOS XERAIS:

  • Lograr un coñecemento científico da mente, cerebro, comportamento e experiencia, e das interaccións entre eles.
  • Presentar múltiples perspectivas psicolóxicas de maneira que se promova a avaliación crítica.
  • Levar a unha comprensión das aplicacións na vida real da teoría, no elenco completo da conduta e a experiencia.
  • Desenvolver a comprensión do papel da evidencia empírica na creación e acoutación da teoría e tamén sobre como a teoría dirixe a recollida e interpretación dos datos empíricos.
  • Fomentar a aprendizaxe dun amplo abano de habilidades de investigación e de métodos para investigar a experiencia e a conduta, que culminen na habilidade para desenvolver investigacións de forma autónoma e independente.
  • Desenvolver o coñecemento que encamiñe á habilidade de apreciar e avaliar criticamente a teoría, os achados de investigación e as súas aplicacións.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Formar postgraduados universitarios especializados nos diferentes ámbitos da psicoloxía aplicada, con especial atención á psicoloxía da saúde e á intervención psicolóxica en contextos educativos.
  • Proporcionar aos estudantes unha base sólida e equilibrada de coñecementos psicolóxicos e de habilidades prácticas no ámbito da intervención psicolóxica.
  • Desenvolver nos estudantes a habilidade para aplicar os seus coñecementos psicolóxicos, teóricos e prácticos á solución de problemas do individuo e o grupo/comunidade.
  • Fortalecer as liñas de investigación actuais e a formación de novos investigadores que desenvolvan o seu traballo en Psicoloxía Aplicada.