Permanencia

Enlace á normativa de permanencia da UDC

A destacar:

  • O alumnado de primeiro ingreso deberá superar polo menos 18 créditos no primeiro curso académico, se está matriculados en réxime de dedicación a tempo completo, e 12 créditos se a dedicación é a tempo parcial.
          
  • O alumnado de continuación de estudios matriculado a tempo completo deberá superar un mínimo de 60 créditos cada dous anos académicos; o matriculado a tempo parcial deberá superar un mínimo de 30 créditos cada dous anos académicos..
     
  • Quen non cumpra os requisitos mencionados nos párrafos anteriores non poderá proseguir cos mesmos estudos na UDC (poderá cambiar de título ou de universidade).
     
  • A matrícula de cada curso académico dará dereito a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación que se realizarán conforme ao calendario académico (habitualmente: xaneiro ou maio + xullo).
     
  • A solicitude de desistencia parcial de matrícula, correspondente a materias do segundo cuadrimestre, motivada en causas sobrevidas acreditadas de forma fidedigna, deberá presentarse no prazo que se estableza na Normativa de Xestión Académica de cada curso académico (habitualmente: ata 15 días antes do comezo da avaliación das materias do primeiro cuadrimestre).
     
  • A normativa de permanencia non será de aplicación para o alumnado que participe en programas de mobilidade, durante o ano que curse estudos noutra universidade.